Abrir o menú principal

Montoxo, Cedeira

parroquia civil do concello de Cedeira

San Xiao de Montoxo é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 430 habitantes (219 mulleres e 211 homes), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 504 habitantes.

San Xiao de Montoxo
San Xiao de Montoxo.jpg
Igrexa de San Xiao de Montoxo.
Mapa Montoxo.PNG
ConcelloCedeira
Poboación323 hab. (2017)
Entidades de poboación39

XeografíaEditar

Montoxo está situada no extremo sueste do concello, na beira dereita do río das Mestas e na aba occidental da serra da Capelada, o que fai que este territorio sexa un tanto escarpado. Limita ao norte coa parroquia de Régoa dende o alto da Capelada baixando polo rego do Feal até a ponte da Braxe; polo leste linda co concello de Ortigueira dende o rego do Feal polos altos da Capelada e baixando por Penido de Camporredondo, Pedrasmiudas, Peado e Sedeás, até a fonte do rego de Guitín; polo sur limita co concello Cerdido dende o anterior rego até a Pasada de Vagariños no río das Mestas; polo oeste o linde é coa parroquia de San Román de Montoxo, dende a anterior pasada até a Ponte de Braxe no rego de Ferrería.

A estrada de Cedeira que enlaza coa AC-862 de Ferrol a Ortigueira no Campo de Hospital cruza a parroquia polos lugares de Cheda, Teixoeira e Mundín.

PatrimonioEditar

Na beira do rego de Aneiros está a igrexa parroquial de San Xiao, e no lugar de Mundín érguese a capela de Santo Antón e San Ignacio.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar