AC-862
A estrada autonómica AC-862 é unha vía pertencente á Rede Primaria Básica convencional da Rede de estradas de Galicia. Parte do límite municipal de Ferrol con Narón e termina o seu trazado no límite coa provincia de Lugo, no termo municipal do Vicedo, tras cruzar o Río Sor. Anteriormente denominábase C-642.[1]
AC-862 | |
---|---|
Ponte da AC-862 sobre o río Xuvia | |
Tipoloxía | Estrada convencional |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 69,51 km |
Localización | |
Inicio | Límite municipal de Ferrol |
Fin | LU-862 Provincia de Lugo |
Circulación | |
Velocidade máxima | 90 km/h |
Concellos que atravesa
|
Características Editar
No seu trazado, atravesa o núcleo urbano de Narón, o barrio de Xuvia, e os núcleos urbanos de San Sadurniño e Ortigueira, entre outros lugares. Tras superar a entrada da vila do Barqueiro, unha ponte cruza o río Sor, logo do cal comeza a provincia de Lugo, onde a estrada cambia de nomenclatura, pasando a denominarse LU-862. Xa con esta denominación, conecta con Viveiro e termina o seu percorrido nos arredores de San Cibrao, no cruzamento coa estrada N-642.
Actualmente, atópase en diversas fases de construción o CG-1.3 no seu percorrido pola provincia da Coruña, que servirá de alternativa á AC-862. A variante de Ortigueira foi inaugurada o 2 de xullo de 2013.
Notas Editar
- ↑ "Rede Autonómica de Estradas A CORUÑA" (PDF). Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Xunta de Galicia. Consultado o 08.08.2017.
Galería de imaxes Editar
-
Xulgado de Paz de Narón. Ao pé da AC-862.
-
Empresa téxtil ao pé da AC-862. Concello de Neda.
-
Igrexa de Santa Rita, ao pé da da AC-862. Na travesía urbana de Xuvia.
-
Muíño de Xuvia (Narón), visto desde a AC-862.
-
Travesía urbana da AC-862 en Xuvia (Narón)
-
Vista da AC-862 polo barrio de Xuvia (Neda).
-
Cruzamento da AC-862 coa liña de tren Ferrol-Xixón en Ortigueira