N-642
A estrada nacional N-642 é unha vía de 50 km que vai desde Ribadeo até San Cibrao (Lieiro).
N-642 Accesos ao porto de San Cibrao | |
---|---|
Cruzamento da LU-133 coa N-642 en Reme | |
Tipoloxía | Estrada convencional |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | 38,92 km |
Localización | |
Inicio | N-640 Vegadeo |
Fin | LU-142 San Cibrao |
Trazado
editarNace na aldea de Porto de Abaixo, no límite con Asturias, nun cruzamento coa N-640 preto da Veiga. Sobe en paralelo á Ría de Ribadeo, alcanzando esta localidade a uns 10 km tras un sinuoso pero apreciado percorrido.
Desde esta localidade, coincide coa N-634 (e perde o nome ó seu favor[1]) até un cruzamento á saída da localidade de Barreiros (km 25), onde se separa de novo, tomando a dirección Foz. Nos últimos anos reforzouse e ampliouse o firme e fixéronse ademais as variantes de Foz e Burela, necesarias polo volume de tráfico que soporta a estrada, vía principal de comunicación da Mariña luguesa.
Ao chegar á localidade de San Cibrao (km 55), atópase unha intersección na que a N-642 xira á dereita para chegar á factoría de Alcoa, converténdose na LU-142[1]. A estrada que dá continuidade á N-642 desde a intersección de San Cibrao denomínase LU-862, con competencias asumidas pola Xunta de Galicia.
Referencias
editar- ↑ 1,0 1,1 "Visor Sigpac". Arquivado dende o orixinal o 10/09/2010. Consultado o 30/05/2017.