Burela

concello da comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo

Burela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Mariña Central. En 2015 tiña 9.580 habitantes. O xentilicio é burelao,[1] burelense[2] ou burelés.[3] É o segundo concello máis poboado da comarca despois de Foz. Está bañado polo mar Cantábrico polo norte e leste. Limita polo oeste co concello de Cervo, e polo sur co de Foz. O seu porto é un dos máis importantes da costa galega, cunha gran frota pesqueira. A poboación creceu considerablemente nos últimos anos do século XX, pasando dos 7.834 habitantes de 1995 aos 9.660 que ten en 2014. A súa economía baséase principalmente na pesca, destacando a pesca da pescada e do bonito. Como consecuencia desta actividade desenvolveuse tamén a industria conserveira de gran calidade. Ademais disto conta tamén con cerámicas, estaleiros, serradoiros e un hospital comarcal.

Modelo:Xeografía políticaBurela
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°39′38″N 7°21′30″O / 43.6605, -7.3582
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalBurela Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación9.454 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.152,93 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie8,2 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude25 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónXoán o Bautista Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataCarmela López Moreno Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Burela Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27880 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27902 Editar o valor en Wikidata

Páxina webburela.org Editar o valor en Wikidata

Ata 1994, cando se segrega, formaba parte de Cervo. Debido á gran demanda de persoal para traballar no mar, Burela é un concello multicultural, xa que actualmente residen nel comunidades de caboverdianos (establecidos desde hai anos) e recentemente incrementouse a chegada de suramericanos e filipinos.

Xeografía

editar
 
Amencer en Burela.

O concello de Burela atópase na chamada Mariña Luguesa e no bordo norte da chaira lucense. En Burela comeza a rasa cantábrica, superficie chá situada entre o mar e os contrafortes montañosos, orixinando un tipo de costa liñal de longas praias formadas aos pés dos cantís e separadas a miúdo por farallóns.

Burela fai fronteira polo noroeste co concello de Cervo, polo norte co Mar Cantábrico, polo sueste co concello de Foz, e polo leste co Mar Cantábrico. A poboación de Burela distribúese tan só nunha única parroquia chamada Santa María de Burela.

Historia

editar

A historia de Burela remóntase aos tempos prerromanos. Os restos máis antigos de poboacións achados na zona corresponden ao Castro de Burela situado na parte extrema do cabo. Foron os habitantes destes castros, a poboación castrexa, a que deixou un dos emblemas do concello, o Torque de Burela -que actualmente se atopa no museo Provincial de Lugo-, e que forma parte do escudo de Burela.

Cerca do porto de Burela, durante a construción da lonxa nova, atopáronse restos dun hipocausto romano, datado inicialmente entre os séculos II e III, cerca do porto de Burela en fase de escavación.

Preto dos restos castrexos atópase un vilaris e unha vila romana. Este pequeno asentamento vai dar orixe a unha freguesía rural que se erixe en parroquia baixo a protección de Santa María no 1250, e pertencendo á diocese de San Martiño de Mondoñedo.

Burela estivo baixo xurisdición da igrexa ata que en 1593 Filipe II incorpora á Coroa Real a xurisdición do coto redondo de Santa María de Burela e concede unha carta privilexio a favor do bispo de Mondoñedo.

Coa Constitución das Cortes de Cádiz (1812) termináronse as antigas xurisdicións e señorías e xurdiron os novos concellos. Nunha lista de novos concellos publicados en 1835 aparecen os concellos de San Cibrao e o de Nois, pertencendo a parroquia de Burela a este último. Estes dous concellos tan só duraron 5 anos.

En 1840 produciuse unha reforma da división xudicial e municipal da provincia de Lugo que estableceu o concello de Cervo, ao que pasou a pertencer a parroquia de Burela. A capital do concello quedou establecida en Cervo.

Tramitouse varias veces o expediente para cambiar o nome do concello de Cervo polo Concello de Burela, sen resultado. Finalmente, en 1994 a localidade de Burela separouse de Cervo, constituíndose en concello.

Demografía

editar
 
Vista de Burela desde O Castelo

Cunha poboación de 9580 habitantes en 2015[4], Burela supera por primeira vez na década do 2000 na súa historia os 9000 habitantes, e sitúase como o segundo maior concello da comarca despois de Foz e o oitavo da provincia.

O concello posúe unha superficie de 7,3 km² e unha densidade de poboación de 1256,30 hab./km², feito que o converte no primeiro concello da provincia de Lugo en densidade, e o cuarto concello galego con maior densidade, tan só despois das cidades da Coruña, Vigo e Ourense. Burela constitúe un dos concellos máis novos de Galicia, xa que a súa historia como concello independente remóntase ao ano 1994 cando se segregou do veciño Cervo.

Cunha idade media ao redor dos 41 anos, e unha poboación moza que supera amplamente aos maiores de 65 anos, o concello de Burela é un dos concellos máis novos de Galicia e o de menor idade media da súa provincia[5]. Así mesmo, Burela é un dos concellos galegos cunha maior tradición de acollida de estranxeiros, 1193 do total de habitantes, e onde estes se atopan máis integrados na sociedade[6], como exemplo cómpre resaltar a súa comunidade caboverdiana que mora no concello dende hai décadas[7]. A esta comunidade uníuselle máis recentemente inmigrantes procedentes de países latinoamericanos, principalmente do Perú e de Indonesia para traballar na pesca.

Censo total 2015 9580 habitantes
Menores de 15 anos 1337 (13,95 %)
Entre 15 e 64 anos 6715 (70,09 %)
Maiores de 65 anos 1528 (15,95 %)
Evolución da poboación desde

1995 ata 2008

1995

1996 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008

7834

7925 7939 8045 8105 8176 8380 8348 8621 8755 8873 9171

Economía

editar
 
Porto pesqueiro de Burela.

O sector pesqueiro ten o seu máximo expoñente no porto de Burela, o máis importante de todo o Mar Cantábrico[Cómpre referencia]. As especies máis importantes neste porto son: a pescada, que supón o 50 % da facturación da lonxa, o bonito, sendo Burela o porto boniteiro máis importante do Cantábrico e, en menor medida, outras especies do cerco ou arrastre como a xarda, xurelo, sardiña etc. Ao amparo da pesca xeráronse ao redor de 4.476 postos de traballo cunha frota diversificada en palangre, artesanal, arrastre litoral e boniteira.

O sector secundario atópase representado polas industrias de transformación da madeira, as cerámicas, as fábricas de xeo, os talleres gráficos e mecánicos, os estaleiros e os postos relacionados coa próxima Alúmina-Aluminio de San Cibrao, ademais do crecemento do subsector construtivo, en auxe polo desenvolvemento económico e turístico en todo o municipio.

O sector terciario, en auxe nos últimos anos, alcanzou un gran desenvolvemento como consecuencia do "boom" demográfico, económico e turístico. É destacábel a existencia do Hospital da Costa, xa que xera un gran número de empregos e presta un servizo básico para A Mariña.

Alcaldes

editar


Lista de alcaldes
2023-actualidade Carmela López Moreno PSdeG-PSOE
2015-2023 Alfredo Llano García PSdeG-PSOE
2011-2015 José María González Barcia PPdG
2007-2011 Alfredo Llano García PSdeG-PSOE
2005-2007 José María González Barcia PPdG
1995-2005 Manuel Mon Rouco PPdG

Comunicacións

editar

Estradas

editar

A principal estrada do concello é a N-642, coñecida como a Estrada da Mariña que vai de Ferrol a Foz. Actualmente bordea a vila de Burela en dirección noroeste-sueste, pois hai varios anos fíxose esta circunvalación que suprimía o paso da estrada polo centro da vila, pola Avenida Arcadio Pardiñas.

Ferrocarril

editar

Polo concello de Burela pasa a liña de ferrocarril de vía estreita que vai de Ferrol a Oviedo, pertencente a FEVE. No centro da vila está situada a estación de ferrocarril de Burela.

Hai catro trens diarios procedentes de Oviedo e Ribadeo con destino a Ferrol, e outros catro en sentido contrario, dous a Ribadeo e os outros dous a Oviedo.

Comunicacións aéreas

editar

O aeroporto da Coruña é o aeroporto máis próximo a Burela, situado a 132 km. Dende este aeroporto hai voos directos a diversas cidades españolas e tamén a europeas.

O aeroporto de Santiago de Compostela está pouco máis lonxe que o da Coruña, a 159 km. Hai voos directos a varias cidades españolas peninsulares e insulares, e tamén a cidades europeas e americanas.

O Aeroporto de Asturias está a 136 km pola estrada N-642. Hai voos directos a varias cidades españolas peninsulares e insulares, e tamén a París e Bruxelas.

Lugares de interese

editar
 
Cova na zona do Cantiño
  • Barrio do Cantiño. Zona residencial que conta coas praias do Cantiño, Areoura e a praia dos Alemás, un paseo marítimo cunha zona de lecer (parque, zona de grelladas...).
  • A Marosa (bandeira azul). Conta coa praia da Marosa, as instalacións deportivas da S.D. Burela e un paseo marítimo.
  • O Portelo (bandeira azul). Praia artificial en pleno centro urbano da poboación. Unida coa Marosa polo paseo marítimo anterior. Está pegada a unha pequena cala chamada O Cabaliño. Entre A Marosa e O Cabaliño sitúase outra pequena cala chamada Praia de Ril (bandeira azul).
  • O Castelo. Zona de recreo situada na cima do monte O Castelo. Conta cun campo de tiro, unha ermida e un miradoiro con magníficas vistas.
  • Igrexa de Vila do Medio, con pinturas murais que datan da Idade Media.
  • Porto pesqueiro. Un dos máis importantes de Galicia.
  • Castro de Burela denominado Chao do Castro, próximo ao paseo marítimo que une as praias da Marosa e O Portelo.
  • Hipocausto romano datado inicialmente entre os séculos II e III, cerca do porto de Burela, descuberto no ano 2004 e en certo estado de degradación.
  • Zona xeolóxica do Perdouro, considerado xeoloxicamente como un dos espazos máis interesantes da Península, xa que neste punto conflúe a rasa cantábrica -cuarzitas- e o batolito de San Cibrao -granito-
  • Barco Museo Boniteiro "Reina del Carmen"

Festividades

editar
  • Festas Patronais na honra a Virxe do Carme e San Xoán Bautista, no mes de xuño. Dentro desta celebración hai que destacar as súas procesións, a primeira a do sábado pola noite, é a procesión que acompaña á patroa dos mariñeiros, a Virxe do Carme, desde a igrexa parroquial ao porto, a través de fermosas alfombras florais, para despedir e bendicir aos seus mariñeiros próximos a partir.
  • Romaría e Subida ao Monte Castelo, en xullo.
  • Feira do bonito, o primeiro domingo de agosto, coincidente coa feira de artesanía e ecoloxía Produart.
  • Expomar, feira monográfica náutico-pesqueira celebrada en maio.

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Burela.

Lugares de Burela

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Burela vexa: Lugares de Burela.

Lugares da parroquia de Burela no concello de Burela (Lugo)

Burela


Parroquias

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Burela

Burela (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar