Castro de Burela
Coordenadas: 43°40′11.69″N 7°21′29.44″O / 43.6699139, -7.3581778
Castro de Burela | |
---|---|
Parroquia | Burela |
Concello | Burela |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA27902001 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | séculos III e o II a. C. (Torque) |
Data da descuberta | ? |
Períodos de escavación | non |
Estado actual | Non escavado, Sen acceso ó público, matorral |
Extensión estimada | aprox 2,32 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O Castro de Burela ou Chao do Castro é un antigo castro que se atopa no concello de Burela, na provincia de Lugo. É coñecido por nel atoparse o Torque de Burela[1], entre outros instrumentos como arcadas e puntas de frechas[2][3][4].
MorfoloxíaEditar
Está asentado sobre un terreo elevado á beira do mar Cantábrico, coñecido en Burela como Chao de Castro. O seu acceso a terra está delimitado por uns muros definidos, aínda que bastante colmados por terra, e unha rampla de acceso aínda visible. Obsérvase a muralla da croa e outros murados. Dende o paseo marítimo de Burela pódese observar perfectamente, posto que a estrada pasa xusto ao seu carón.
Pódense distinguir varios grupos de estruturas a simple vista, como son: a croa e os seus muros, a rampla de acceso ó castro, os muros de división internos e os muros defensivos asociados a foxos. Aínda que esta análise e moi intuitiva, é unha ferramenta útil para entender a morfoloxía e posible extensión do castro.
NotasEditar
- ↑ Torques de Burela
- ↑ Brigantium Vol 11 ,1998 "los inicios de la metalurgia en el noroeste de la Peninsula Ibérica" B. Comendador Rey
- ↑ Castro Pérez, Ladislao (1990), Os torques prehistóricos (páx. 165), Serie Galicia. Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-695-9
- ↑ Rosalía Crespo Prieto, "El torques de Burela", Estudios Mindonienses, ISSN 0213-4357, Nº. 16, 2000 , pp. 545-558
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castro de Burela |