O Chao do Castro é un antigo castro que se atopa no concello de Burela, na provincia de Lugo. É confundido frecuentemente co Castro de Burela e son famosos por neles atoparse o Torque de Burela[1][2], entre outros instrumentos como arracadas e puntas de frechas[3][4][5].

Chao do Castro
ParroquiaBurela
ConcelloBurela
ProvinciaProvincia de Lugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27902002
Cronoloxía
Datas de ocupaciónIdade do ferro
Data da descuberta?
Períodos de escavaciónnon
Estado actualCatas de prospección
Extensión estimadaaprox 1,62 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía editar

 
Imaxe aérea coas estruturas visibles.

Está asentado sobre un terreo elevado dende onde se divisa o mar Cantábrico rodeado do que antes foran prados e pastos. Dado que o Chao do Castro esta moi alterado pola construción de vivendas, as catas realizadas para autorizar ditas construcións non revelaron estruturas de interese. Porén, tanto nas fotos do voo americano coma nas imaxes por satélite aprécianse ben os muros que o delimitan.

A simple vista obsérvase unha estrada que o atravesa e corta en parte os muros defensivos que formaban parte dos parapetos do asentamento.

Preto atópase o castro de Burela, outro asentamento castrexo que está pouco alterado e con estruturas moito máis visibles ca neste. Confundidos habitualmente un co outro son claramente diferentes tanto en estrutura como posiblemente en función. Ámbolos dous están perfectamente catalogados no inventario municipal e no rexistro da Xunta de Galicia.[2]

Notas editar

  1. "Torques de Burela". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2018. Consultado o 03 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Burela" (PDF). SIOTUGA. Consultado o 03/02/2023. 
  3. Comendador Rey, B. (1998). "Los inicios de la metalurgia en el noroeste de la Península Ibérica". Brigantium (11). 
  4. Castro Pérez, L. (1990). Os torques prehistóricos. Serie Galicia. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. p. 165. ISBN 84-7191-695-9. 
  5. Crespo Prieto, R. (2000). "El torques de Burela". Estudios Mindonienses (16): 545-558. ISSN 0213-4357. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar