Xuvia, Santa María de Neda, Neda

lugar da parroquia de Santa María de Neda, no concello de Neda

Xuvia é un barrio de Santa María de Neda no concello de Neda na provincia da Coruña. Segundo o IGE, en 2015 tiña 228 habitantes (106 homes e 122 mulleres) xunto con Casadelos.

Xuvia

Vista de Xuvia desde o barrio de Xuvia en Narón.
ParroquiaSanta María de Neda
ConcelloNeda
Coordenadas43°31′00″N 8°09′03″O / 43.516753438854, -8.1508184973307
Poboación228 hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

O barrio limita ao norte co concello de Narón (a través do río Grande de Xuvia, que desemboca na ría de Ferrol), ao sur co barrio da Mourela, ao leste coa parroquia de Casadelos (Neda), e ao oeste coa parroquia de Santa María de Neda.

Xuvia está a menos de 15 minutos de Ferrol e a menos de 40 minutos de Coruña. Está atravesado pola vía do Norte do Camiño de Santiago, habendo un albergue para peregrinos.

O principal atractivo desta zona é o seu paseo marítimo, que ten numerosos parques, tanto para rapaces como biosaludables, e ten vistas á ría.

 
O barrio, de noite.

Historia

editar
 
Casa da moeda

Aquí estaba a Real Casa da Moeda de Xuvia. Até finais do século XX contábase cun popular cine e sala de festas, situado enfronte ao instituto, xa derrubado. Tamén está o círculo, local social no que se reúne a veciñanza da zona.

Patrimonio

editar

Festa do pan de Neda

editar

A Festa do pan é unha festa gastronómica que se celebra desde 1989 como exaltación do pan, para promocionar, exaltar e dignificar o labor das forneiras e forneiros de Neda. Organizada nos seus inicios pola asociación veciñal Ancos, celébrase o primeiro domingo de setembro, coincide co remate das festas de Santa María de Neda. Nun inicio celebrouse no recinto feiral de Albarón, pero na XIX edición pasou a celebrarse no Paseo Marítimo de Xuvia, á altura do Albergue de Peregrinos. Esta nova localización ven fundamentada pola necesidade de favorecer o acceso a persoas con mobilidade reducida ou con minusvalías, e persoas maiores que tiñan que facer un grande esforzo para chegar a Albarón.

Preténdese, a través do seu programa, darlle un novo aire á Festa, buscando unha maior implicación e participación da cidadanía. Os actos da Festa son o primeiro domingo de setembro, pero o día anterior, sábado, celébrase unha camiñada guiada pola Ruta dos Muíños, visitando un forno e algúns muíños,onde se ve o proceso do pan, con degustación incluída. A ruta dos muíños visita o muíño do Parrando, muíño do Cubo, muíño da Roda ou de Marraxón, muíño de Moncho, muíño do Tinxilado, muíño do Foxo, muíño do Carballo ou de Balbina, muíño de Alejandro “O Carrizo", muíño de José Rico, muíño de Bigotes, muíño do Furado, muíño de Antonio de Pilar, muíño de Luís de Canido e muíño de Luciano.

Xuviño

editar

Outra festa gastronómica en Xuvia é o Xuviño, que en 2012 celebrouse por terceira ocasión. Trátase dunha homenaxe ao viño, que conta coa presenza de adegas de diferentes lugares. A terceira edición de XuViño arrancou o venres 15 de xuño ás 6 e media da tarde e prolongouse durante toda a fin de semana, ata o domingo 17.

Este evento reuniu a doce adegas que promocionaron ata medio centenar de marcas dos mellores viños en xaimas distribuídas por toda a beira do río. Xunto cos caldos, o público que asistiu a Xuviño 2012 puido degustar pinchos elaborados con produtos típicos da zona, como o pan e a empanada de Neda ou os pementos do Couto. O encontro de viños tamén reuniu postos de artesanía, que ofreceron ourivaría e produtos elaborados con coiro, madeira tallada e area, entre outros. Os pequenos tiveron o seu espazo xa que houbo diferentes atraccións. O número de adegas presentes este ano elevouse desde as oito da pasada edición ata as 12 actuais.

Educación

editar

En Xuvia está o IES Fernando Esquío, o único do concello de Neda, que acolle tamén alumnado de Narón e San Sadurniño.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Santa María de Neda

editar
Lugares da parroquia de Santa María de Neda no concello de Neda

Albarón | Os Alcallás | Ardá | As Augas | A Bacela | Balvís | As Barreiras | O Basteiro | Bernés | A Buída | O Cal | Camiño da Mercé | Camiño da Ponte Grande | O Camiño Vello | O Carballal | O Carreiro | Casadelos | O Castiñeiro | Os Castros | Combarro | Conces | A Corredoira da Pega | A Costa da Silva | Costa do Murallón | O Coto | A Cruz do Pouso | Os Currás | A Curuxa | Curuxeira | O Empedrón | O Escorial de Abaixo | O Escorial de Arriba | A Fábrica de Labora | A Fábrica de Xuvia | A Fábrica do Monte | Fausto Cansado | A Forxá | Gandarela | Gunduriz | As Hedradas | O Latedo | Maciñeira | Médico Cebreiro | Mosteirón | A Mourela Alta | A Mourela Baixa | A Mourela do Medio | A Muchiqueira | Nogueirido | Os Pazos | Pename | O Portádego | O Poulo | O Pouso Vello | O Puntal de Abaixo | O Puntal de Arriba | A Rabadeña | O Regueiro | Ribeira da Toeleira | Ribeira de Santa María | Ribeira do Coto | Santa María | Santo Antonio | Santo Isidro | O Sartego | A Silva | A Toeleira | Trasmonte | O Vilar | Vilasuso | Xerardo Luaces | Xuvia

Parroquias de Neda

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Neda

Anca (San Pedro) | Neda (San Nicolás) | Santa María de Neda (Santa María) | Viladonelle (Santo André)

Véxase tamén

editar