Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°30′58.12″N 8°9′29.29″O / 43.5161444, -8.1581361

Xuvia
Xulgado de Paz de Narón.JPG
Praza do Concello. O fondo, o xulgado, anterior Casa do Concello
ParroquiaNarón
ConcelloNarón
Poboación2215 hab. (2007)

Xuvia é un barrio de Narón no concello de Narón na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2007 tiña 2215 habitantes (1079 homes e 1136 mulleres), 135 máis ca en 2003.

Está situado no leste do concello, e limita ao norte coa parroquia de Sedes, ao sur coa ría de Ferrol, ao leste coa ría de Ferrol e o concello de Neda, e ao oeste coa parroquia de San Xiao de Narón e o barrio de Piñeiros. Este barrio tamén é coñecido polo nome da parroquia que o conforma, sendo este o de Santa Rita. A parroquia naceu logo da segregación da súa matriz que era a de San Xiao de Narón. Ata o ano 2001 este barrio era a capital administrativa do concello, ano no que se fixo o traslado ao barrio do Alto do Castiñeiro.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Índice

Imaxes de XuviaEditar

Lugares e parroquiasEditar