Castro, Narón

parroquia civil do concello de Narón

Santa María de Castro[1] é unha parroquia rural, que se localiza no norte do concello de Narón na provincia da Coruña,cunha superficie de 4,25 km². Segundo o IGE en 2011 tiña 837 habitantes (452 mulleres e 385 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 697 habitantes. A súa densidade poboación é de 196,94 hab./km².

Castro
Igrexa de Santa María de Castro.
ConcelloNarón[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°32′41″N 8°10′39″O / 43.54469444, -8.17755Coordenadas: 43°32′41″N 8°10′39″O / 43.54469444, -8.17755
Área4,25 km²
Poboación883 hab. (2017)
Densidade207,76 hab./km²
Entidades de poboación13[1]
editar datos en Wikidata ]

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Limita ao norte coa parroquia do Sequeiro (Valdoviño), ao sur con Trasancos e o barrio de Piñeiros, ao leste con Sedes e San Xiao de Narón, e ao oeste co Val e Trasancos.

Patrimonio editar

Tras a igrexa había un castro, xa desaparecido, que deu nome á parroquia.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Castro editar

Lugares da parroquia de Castro no concello de Narón

O Agrande | A Borrallada | Borreiros | Calle das Rocas | O Campo das Ratas | A Carballosa | A Chousa | A Costa | Fernande | Gadoi | A Mata | Nelle | A Pena de Embade | Os Sobecos

Parroquias de Narón editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Narón

Castro (Santa María) | Doso (San Lourenzo) | Narón | Pedroso (San Salvador) | San Xiao de Narón (San Xiao) | Sedes (Santo Estevo) | Trasancos (San Mateo) | O Val (Santa María a Maior)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar