Narón, Narón
Narón é a zona urbana que se localiza no sur do concello de Narón na provincia da Coruña, cunha superficie de 8,5 km². Esta denominación foi tomada da parroquia onde se situou a primeira casa consistorial, na parroquia de San Xiao de Narón. Os límites actuais concordan exactamente cos da antiga parroquia de San Martiño de Xuvia, que pouco a pouco foi dividíndose noutras parroquias conforme a poboación ía aumentando.
Narón | |
---|---|
Casa do Concello | |
Concello | Narón[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°30′04″N 8°11′32″O / 43.50098889, -8.19233889 |
Área | 8,5 km² |
Poboación | 32.825 hab. (2017) |
Densidade | 3.861,76 hab./km² |
Entidades de poboación | 5 barrios[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A zona urbana limita ao norte coas parroquias de Trasancos, Castro, San Xiao de Narón e Sedes, ao sur coa ría de Ferrol, ao leste co concello de Neda e a ría de Ferrol, e ao oeste co concello de Ferrol.
Poboación
editarSegundo o padrón municipal de 2007 tiña 29.702 habitantes (15.219 mulleres e 14.483 homes) distribuídos en 6 barrios ou parroquias urbanas, o que supón un aumento en relación ao ano 2003 cando tiña 27.327 habitantes. Estas cifras demográficas veñen medrando significativamente desde hai máis dunha década, o que fai deste núcleo o referente de toda Ferrolterra. A súa densidade de poboación é de 3.494,35 hab./km².
As parroquias ou barrios que forman parte da zona urbana son: O Alto, O Couto, A Gándara, Piñeiros, A Solaina e Xuvia.
Lugares e parroquias
editarLugares de Narón
editarBarrios de Narón no concello de Narón, na provincia da Coruña | |
---|---|
O Alto do Castiñeiro | O Couto | A Gándara | Piñeiros | A Solaina | Xuvia |