Abrir o menú principal

O Alto do Castiñeiro, Narón, Narón

O Alto do Castiñeiro é un barrio de Narón no concello coruñés de Narón. Está situado no sur do concello e limita ao norte co barrio de Piñeiros, ao sur co da Gándara, ao leste co do Couto, e ao oeste co concello de Ferrol e o barrio da Solaina.

O Alto do Castiñeiro
Casa do Concello.JPG
Casa do Concello
ParroquiaNarón
ConcelloNarón
Poboación5.589 hab. (2007)

Este barrio tamén é coñecido polo nome da parroquia que o conforma, sendo este o de San Xosé Obreiro. A parroquia naceu nos anos sesenta logo da segregación da parroquia matriz que era a do Couto. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

PoboaciónEditar

Segundo datos do Instituto Galego de Estatística tiña 5.589 habitantes no ano 2007 dos cales eran 2.718 homes e 2.871 mulleres, o que supón un aumento en relación ao ano 2003 cando tiña 4.669 habitantes. É o barrio que máis medrou nos últimos anos, debido en gran parte ó traslado da Casa do Concello e outros servizos como o Centro de Saúde.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar