San Sadurniño
Coordenadas: 43°31′57.78″N 8°4′21.75″O / 43.5327167, -8.0727083
San Sadurniño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Ferrol. Segundo o IGE no 2014 tiña 3.019 habitantes (3.098 no 2010, 3.182 no 2006, 3.179 no 2005, 3.229 no 2004, 3.272 en 2003).
San Sadurniño | |
---|---|
Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | wikt: |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Ferrol |
Poboación | 2.792 hab. (2022)[2][3] |
Área | 99,7 km²[3] |
Densidade | 28 hab./km² |
Entidades de poboación | 193 (7 parroquias)[4] |
Capital do concello | San Sadurniño |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Secundino García Casal (BNG[6]) |
Concelleiros | BNG: 7 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en San Sadurniño | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 65,35% |
Na rede | |
www.sansadurnino.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Limita cos concellos de Valdoviño e Moeche polo norte, As Pontes e A Capela polo sur, Narón e Neda polo oeste, e Moeche e As Somozas polo leste.
San Sadurniño esténdese polo val do río Grande de Xuvia. A parte máis montañosa sitúase ao sur, no estreito val do río Castro, cara á Serra do Forgoselo.
Polo concello corren varios ríos e regos, sendo os principais o río Grande de Xubia, que transcorre pola zona norte e centro do concello, eo o Río Castro que é afluente do primeiro e que drea o val do Castro.
A zona de maior altitude é a zona sur do concello, entre Narahío e Igrexafeita.
PatrimonioEditar
Monumentos relixiososEditar
As súas parroquias pertencen á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
O Convento do Rosario, sito na Avenida do Marqués de Figueroa, é un antigo convento monacal da Orde dos Franciscáns, do que se ten constancia xa no século XVI. Na actualidade, as súas dependencias só acollen o concello e o xulgado de paz. No seu interior, destaca a escaleira que accede ao andar superior, realizada coa coñecida como 'Pedra de Moeche', que se caracteriza pola súa cor verdosa.
A igrexa de Santa María do Rosario, situada a carón do convento, foi levantada no século XVIII. É un templo con planta de cruz latina que formou parte do convento até 1835. Na súa fachada principal, dun só corpo, destaca a súa torre campanario, rematada por unha cúpula. No seu interior gárdanse tres sepulcros coas súas respectivas estatuas xacentes.
A capela de Belén, sita na Avenida do Marqués de Figueroa, é un pequeno templo dunha soa nave que destaca pola imaxe da Virxe e o antigo escudo do Marquesado de San Sadurniño, sitos na súa fachada principal.
A igrexa de Santa María de Naraío atópase no lugar do Eirixado, na parroquia de Naraío. Foi levantada entre os séculos XI e XVIII e a súa planta, de cruz latina, está formada pola nave principal, unha sancristía e dúas capelas laterais. Destaca o pequeno rosetón circular da súa fachada principal.
A igrexa de Igrexafeita é un templo de estilo gótico sito no Coto, na parroquia de Igrexafeita. Ten planta rectangular dunha soa nave, capela -á que se accede por un arco triunfal- e sancristía. No seu interior, gárdase un retablo barroco.
A igrexa de San Xiao de Lamas é un templo rural de estilo barroco, con planta rectangular dunha soa nave. A súa fachada principal presenta acaroada unha torre campanario.
A igrexa de Santa María de Bardaos é un pequeno templo de estilo barroco con planta rectangular dunha soa nave e presbiterio.
A igrexa de Santa Mariña do Monte é un pequeno templo de estilo barroco con planta rectangular dunha soa nave e pequena sancristía. Na súa fachada principal destaca a súa espadana dobre con dúas campás.
Monumentos civísEditar
Neste concello está o castelo de Naraío, que pertencera a Gonzalo Piñeiro. Está situado no punto máis alto do val formado polo río Castro, a 400 metros de altitude, ao sur do concello. Os primeiros datos que se obteñen del din que pertenceu a Gonzalo Piñeiro. É unha fortaleza medieval de planta irregular con forma de polígono de doce lados, adaptada ás irregularidades do terreo, e nos últimos anos atopábase en estado de abandono. Porén, vense desenvolvendo dende 2007 un proceso de rehabilitación.
O Pazo da Marquesa de San Sadurniño é un dos edificios de maior valor artístico de todo o concello. Localízase nos arredores do Convento e a Igrexa do Rosario, na Avenida do Marqués de Figueroa. Ten planta cuadrangular e unha torre almeada que presenta os escudos das familias dos Andrade e Lemos, e no seu interior merece especial mención o seu claustro e a galería acristalada do século XIX. O edificio sufriu modificacións importantes no século XX, cando se converteu en escola e se lle engadiu un anexo derrubándose unha das ás do pazo orixinal.
A área recreativa dos Currás atópase nos arredores da piscina municipal. En toda a súa contorna, arrodeado de arboredas de castiñeiros, piñeiros e eucaliptos, hai mesas, bancos, barbacoas e unha zona especialmente adicada aos máis pequenos con xogos infantís.
A Fonte de San Roque, sita a escasos metros da Igrexa de Santa María de Naraío, está realizada en pedra labrada e arrodeada dunha arboreda. Merece especial mención o fornelo sito sobre a fonte, coa imaxe do Santo.
A ponte de Ferrería localízase nos arredores do castelo e da igrexa de Santa María de Naraío. Pénsase que é unha ponte medieval, utilizada dende as súas orixes para salvar o río Castro.
A área recreativa de Bardaos localízase na contorna forestal e fluvial do río da Bañoca. Conta cunha zona dedicada aos máis pequenos con diferentes xogos, ademais de mesas, bancos e barbacoas. Nos seus arredores, merece especial mención un antigo muíño de auga, na actualidade en estado ruinoso.
Goberno municipalEditar
Secundino García Casal é o alcalde de San Sadurniño polo BNG dende xuño de 2007, grazas a un pacto de gobernabilidade co PSdeG-PSOE. Relevou no cargo a Constantino Bedoya (PP), que revalidara esa condición ao longo de varios comicios municipais anteriores.
En 2011, o BNG obtivo a maioría absoluta na corporación con 7 concelleiros, afrontando en solitario o goberno municipal no novo mandato, fronte a 3 edís do PP e outro do PSdeG-PSOE na oposición.
PoboaciónEditar
Censo Total (Habitantes) | 3.019 (2014) |
Menores de 15 anos | 276 (9.14 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.814 (60.09 %) |
Maiores de 65 anos | 929 (30.77 %) |
Evolución da poboación de San Sadurniño Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
5.201 | 5.932 | 6.622 | 4.398 | 3.229 | 3.098 | 3.061 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | |||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
EconomíaEditar
O concello de San Sadurniño ten unha implicación importante coa economía agrícola, gandeira e forestal. No concello está situada a fábrica de taboleiro de madeira INTASA do grupo Tojeiro.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de San Sadurniño.
ParroquiasEditar
Lugares de San SadurniñoEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de San Sadurniño vexa: Lugares de San Sadurniño.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "San Sadurniño".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Resultados eleccións 2019
- ↑ Concello de San Sadurniño na FEGAMP
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Sadurniño |