Lamas, San Sadurniño
San Xiao de Lamas é unha parroquia que se localiza no leste do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 494 habitantes (243 mulleres e 251 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 517 habitantes. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Lamas | |
---|---|
Concello | San Sadurniño[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°32′48″N 8°02′32″O / 43.5466, -8.0422 |
Poboación | 442 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 37[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO orónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.[2]
Lugares e parroquias
editarLugares de Lamas
editarLugares da parroquia de Lamas no concello de San Sadurniño na Provincia da Coruña | |
---|---|
Bouzarrara | Brame | O Cal | Cancelo | O Carballo | Chao de Lamas | O Couto | Entrambosríos | Fabal | Felgosa | Filgueiras | Fontela | Freixo | Gundín | Laxe | Leiras | Mandrá | Martiño | A Pallota | Penacastrelo | Piegolongo | Pomar | Portolamas | Pramado | Ramil | Ramisqueiras | Randulfe | Rapadoiro | Redo | Redondo | Riboira | Seara | Soutullo | Vilanova | Vilar | Vilaverde | Vilela |
Parroquias de San Sadurniño
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.