Lama (material)

A lama[1], ou barro[2], ou bulleiro[3], ou lodo[4], ou trollo[5], é unha mestura semilíquida de auga e terra composta por sedimentos, partículas de po e arxila. Os depósitos de barro endurécense co paso do tempo até converterse en lutita.

Barro.

UsosEditar

 
Casa de barro en 'Amran, Iemen.

Os usos son moi variados, desde a construción onde se usa para darlle terminación de calidade, fabricación de envases para almacenar auga, artesanías como vasos de barro, elementos decorativos e esculturas etc.

Barro na construciónEditar

O barro é un dos primeiros materiais usados polo home para construír refuxios. O barro apilado a man (cob), en forma de ladrillos (adobe), ou compactado (tapial) é unha forma moi barata e pouco tecnificada de crear paredes e muros, polo que foi amplamente utilizado polas civilizacións antigas así como polas culturas localizadas en contornas desérticas, onde escasea a pedra e a madeira.

Outros usosEditar

Un baño de barro, usualmente con ingredientes especiais, úsase por motivos de beleza, saúde ou pracer. Tamén se utiliza para facer artesanías ou obxectos de decoración.

Barro en artesaníasEditar

O barro tamén pode ser usado como material para realizar artesanías ou outras pezas decorativas.

ZooloxíaEditar

Algúns animais, como os elefantes, utilizan o barro como protector contra parasitos, insectos e a radiación solar. Ademais, os bulleirais adoitan consituír importantes biótopos en diferentes ecosistemas.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar