Abrir o menú principal

Cervo, Cedeira

parroquia civil do concello de Cedeira

Santalla de Cervo é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 210 habitantes (112 mulleres e 98 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 244 habitantes.

Cervo
Capela de San Antón de Corveiro, Cervo, Cedeira.jpg
Capela de San Antón de Corveiro.
Mapa Cervo.PNG
ConcelloCedeira
Poboación160 hab. (2017)
Entidades de poboación26

XeografíaEditar

A parroquia de Cervo está situada na parte alta do val do río Condomiñas e na aba leste do monte Eixil que polo norte forma os elevados cantís de Punta Candieira. Os lindes desta parroquia son: Polo norte e oeste, o mar, dende a Boca da Ribeira á Fonte da Ardillosa; polo leste a parroquia de Régoa e polo sur a parroquia de Cedeira, dende a desembocadura do rego do Couto no río Condomiñas, até a fonte de Eixil e da Ardillosa.

Unha estrada que sae da vila de Cedeira pasa por Chímparra, polos altos da Capelada e chega até o concello de Cariño, atravesa esta parroquia polo leste cruzando os lugares de Retorta, Magoira, Corredoira, Graña e Rabadán.

PatrimonioEditar

No lugar de Ledín está a igrexa parroquial que ten a Santa Olalla coma patroa. Sobre o cantil da parte occidental do monte Eixil hai unha pequena ermida, a de Santo Antón do Corveiro, de tradicional romaxe polos cedeireses o día da festa. Esta ermida de San Antón de Corveiro comezouse a construír en 1661. Está sita nunha contorna dende a que se contempla unha panorámica da entrada da ría. No interior, destaca o retablo barroco, procedente da igrexa parroquial. No campo que arrodea á ermida, atópase un cruceiro de pedra sepentina, que foi levado alí dende o antigo cemiterio de Cedeira.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar