Régoa, Cedeira

parroquia civil do concello de Cedeira

Santa María de Régoa é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 398 habitantes (201 homes e 197 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 442 habitantes.

Régoa
Serra da Capelada.
ConcelloCedeira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°40′36″N 8°01′58″O / 43.6767, -8.0327
Poboación380 hab. (2017)
Entidades de poboación25[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

A parroquia de Régoa esténdese polas vertentes occidentais da Serra da Capelada, parte do val do río Condomiñas até os cumes da dita Serra da Capelada e mesmo parte da vertente oriental até os afluentes do río Seixo. Limita ao noroeste co océano Atlántico, entre a Boca da Ribeira e os cantís do monte da Herbeira; polo leste as parroquias de Landoi dende o rego Couce do Arresto, afluente do Seixo, até o rego do Ameneiro na Pasada das Mestas e a de Veiga polos altos da Capelada; polo sur linda coa parroquias de Montoxo separada polo rego do Feal até a ponte de Braxe e coa de Piñeiro na fonte da Balteira e o rego da Pontigas; polo oeste limita coas parroquias de Cedeira no río Condomiñas e a de Cervo.

A estrada que vai dende Cedeira até Chímparra cruza a parroquia polos lugares de Pontigas, Nogueira, O Canaval, Igrexa, Barral e Malde.

Patrimonio

editar

Na beira dereita do regato do Barral e moi preto do Canaval está a igrexa parroquial na honra de Santa María. Se ben ten moita máis sona o santuario de Santo André de Teixido, erguido nun pequeno val pendurado do cantil, sobre unha antiga ermida pequena e que conta cun altar churrigueresco de certa notoriedade. Segundo Federico Maciñeira foi erguida no ano 1655 e reformada no 1785.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Régoa

editar
Lugares da parroquia de Régoa no concello de Cedeira

O Adro | Balteiro | O Barral | As Barrosas | A Bouza | O Canaval | A Casanova | A Casavella | O Coto | Eiravedra | Ervellás | O Formigueiro | Malde | A Nogueira | A Painceira | A Pardiñeira | As Pontigas | Reboredo | A Rúa | O Taraño | O Telleiro | Tide | O Toxo | Veriño de Abaixo | Veriño de Arriba

Parroquias de Cedeira

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cedeira

Cedeira (Santa María do Mar) | Cervo (Santalla) | Esteiro (San Fiz) | Montoxo (San Xiao) | Piñeiro (San Cosme) | Régoa (Santa María) | San Román de Montoxo (San Román) | Teixido (Santo André)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar