Rapa das bestas
actividade para curtarlle a crina aos cabalos en curros
A rapa das bestas é o nome da operación que consiste en cortar a crina dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades do territorio galego.
A máis coñecida é a rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que dura tres días: o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. De feito, dálle nome á celebración e así fálase da rapa das bestas de Sabucedo, mentres que na maioría dos lugares fálase de curro -o nome do recinto pechado no que se recollen os cabalos.
Principais rapas das bestas
editarLugar | Concello | data |
---|---|---|
Curro da Valga | Oia | 2º domingo de maio |
Curro de Torroña | Oia | 1º domingo de xuño |
Curro de Mougás | Oia | 2º domingo de xuño |
Curro de Morgadáns (monte Galiñeiro) |
Gondomar | 3º domingo de xuño |
Curro de San Cibrán (Donas) |
Gondomar | 4º domingo de xuño |
Curro da Capelada | Cedeira | derradeiro domingo de xuño |
Curro de Campo do Oso | A Pastoriza e Mondoñedo | derradeiro domingo de xuño |
Curro de Paiosaco | A Laracha | 1 de xullo |
Rapa das bestas de Sabucedo | A Estrada | 1º sábado de xullo e os dous días seguintes |
Curro de Candaoso (montes de Buio, Santo André de Boimente) |
Viveiro | 1º domingo de xullo distinto do día 1 |
Curro de Amil | Moraña | 2º domingo de xullo |
Curro de Monte Castelo | Cerdedo-Cotobade | 2º domingo de xullo |
Curro das Cañizadas | A Pobra do Caramiñal | 2º domingo de xullo / día 12 ou 19 |
O Galiñeiro | Gondomar | 2º domingo de xullo |
Curro de San Tomé | O Valadouro | 1º domingo de agosto |
Curro de Couselo | Cuntis | 1º domingo de agosto |
Curro de Paradanta, Luneda |
A Cañiza | 4º domingo de agosto |
Curro da Escusa | Armenteira | finais de agosto ou comezos de setembro |
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes da rapa das bestas.
-
Rapa das bestas
-
Tentando suxeitar ó cabalo
-
Momento da rapa
-
Momento da rapa
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Rapa das bestas |