Manuel Fernández Freijeiro

político galego

Manuel Fernández Freijeiro, nado en Pontedeume cara 1870 e finado en Ferrol o 18 de decembro de 1936, foi un político galego.

Manuel Fernández Freijeiro
Nacemento1870
Lugar de nacementoPontedeume
Falecemento18 de decembro de 1936
Lugar de falecementoFerrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Militar Auxiliar de Intendencia retirado. Na República foi alcalde de Cedeira e volveu ser alcalde a partir de marzo de 1936. Durante a súa estancia en Ferrol foi directivo do Real Coro Toxos e Froles. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 interveu nos primeiros momentos pero púxose enfermo e tomaron a dirección o tenente de alcalde José Vergara López e José Bernabé Martínez, do comité de resistencia cedeirense, que proclamaron nun bando a declaración de Estado de Guerra.[1] Detido, foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e condenado a pena de morte. Executado en Ferrol no castelo de San Felipe o 18 de decembro de 1936 canda o seu fillo Ginés Fernández Rodríguez e outros republicanos cedeirenses.[2]

Notas editar

  1. Igrexas, Fernando (2013-05-07). "¡Jamás volvais a Cedeira!". ollaparo.gal (en castelán). Consultado o 2023-07-27. 
  2. El Compostelano, 19-12-1936, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Manuel Fernández Freijeiro na páxina web Nomes e Voces.


Predecesor:
?
  
Alcalde de Cedeira
 
1931 - 1934
Sucesor:
?
Predecesor:
?
  
Alcalde de Cedeira
 
1936
Sucesor:
José Torres Santiso