José Vergara López
político galego
José Vergara López, nado en Cedeira cara a 1900 e finado en Ferrol o 25 de agosto de 1936, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Cedeira, España |
Morte | 25 de agosto de 1936 (35/36 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Traxectoria
editarPresidente da Alianza Obrera y Campesina. Tenente alcalde de Cedeira dende marzo de 1936. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité de resistencia cedeirense, e ao poñerse enfermo o alcalde Manuel Fernández Freijeiro, tomou a dirección do concello, e con José Bernabé Martínez proclamaron nun bando a declaración de Estado de Guerra.[1] Detido, foi paseado en Ferrol o 25 de agosto de 1936.