José Bernabé Martínez

mestre e político éspañol

José Bernabé Martínez, nado en Murcia o 31 de maio de 1901,[1] foi un mestre e político español.

Infotaula de personaJosé Bernabé Martínez
Biografía
Nacemento31 de maio de 1901 Editar o valor em Wikidata (122 anos)
Murcia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mestre de Cervo dende 1934. Militante do PCE. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité de resistencia cedeirense, e ao poñerse enfermo o alcalde Manuel Fernández Freijeiro, tomou a dirección do concello, e co tenente alcalde José Vergara López proclamaron nun bando a declaración de Estado de Guerra.[2] Posiblemente fuxiu por mar. Foi xulgado en Ferrol por rebelión na causa 296/1936 xunto con José Lago Beceiro e Francisco Rodríguez,[3] e declarado en rebeldía. Pasou a bando leal e combatiu no exército republicano, sendo nomeado comisario-delegado de batallón en decembro de 1937.[4] Foi ascendido a teniente en febreiro de 1938,[5] e a capitán en xaneiro de 1939.[6] Como consecuencia do expediente de depuración no maxisterio, foi separado do servizo e baixa na escala en 1940.[7] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[8]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar