Cerdido, Cerdido

parroquia civil do concello de Cerdido

San Martiño de Cerdido[1] é unha parroquia do concello de Cerdido, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 601 habitantes (303 homes e 298 mulleres), distribuídos en 33 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 679 habitantes.

Cerdido
Igrexa de San Martiño de Cerdido.
ConcelloCerdido[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°37′16″N 7°59′57″O / 43.621, -7.9992
Poboación475 hab. (2017)
Entidades de poboación33[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Cerdido está situada na parte occidental do concello do seu nome. Os lindes desta extensa parroquia son: polo norte as parroquias de San Román de Montoxo e San Xiao de Montoxo do concello de Cedeira, separadas ámbalas dúas polo río das Mestas. Polo leste limita coa parroquia da Barqueira; polo sur limita con Abade e Vilaboa, parroquias dos concellos de Moeche e Valdoviño respectivamente. Finalmente polo noroeste, o río das Mestas sepáraa das parroquias cedeiresas de Esteiro e San Román de Montoxo.

Catro pequenos ríos atravesan esta parroquia de leste a oeste. Son o Rioforcado e o Pontellas na parte norte, e o Pombeiro e o Barbelas na sur, que se veñen a xuntar pouco antes de desembocar no Porto do Cabo.

A estrada de Espiñaredo a Porto do Cabo atravesa a parroquia polos lugares de Rioforcado, Díaz, Regueirolongo, Barcia, Vila da Igrexa e Pontellas.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Patrimonio

editar

No lugar de Vila da Igrexa érguese a igrexa parroquial e a antiga escola de nenas, e no de Soocastro hai un escolar de indianos para nenos construído pola sociedade Hijos del Ayuntamiento de Cerdido de Cuba, que foi a sucesora doutra sociedade.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Cerdido

editar
Lugares da parroquia de Cerdido no concello de Cerdido

A Barrosa | Becerroi | A Campeira | Carballal | O Carballeiro | Casaldaia de Abaixo | Casaldegonce | Casavide | Castrillón | O Castro | A Chaíña | Chao | Cruz dos Novás | Os Cubos | Díaz | Domende | A Felgueira | Fercoi | O Freis | A Gangoa | O Noval | Pazos | A Pena de Abaixo | A Pena | Penadobico | Penso | O Piñeiro | Pontellas | Rebordaos | Rediz | O Regueiro | Regueirolongo | A Rincha | O Río | A Rocha | As Seixas | Socastro | Os Valados | A Vila da Igrexa | Viladóniga | O Vilar | Vilarelle | Vilela | Xiao


Parroquias de Cerdido

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cerdido

A Barqueira (Santo Antonio) | Os Casás (San Xoán) | Cerdido (San Martiño)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar