Os Casás, Cerdido
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
San Xoán dos Casás é unha parroquia do concello de Cerdido, na comarca do Ortegal. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Os Casás | |
---|---|
Limpadoira na malla dos Casás. | |
Concello | Cerdido[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°34′38″N 7°55′03″O / 43.5772, -7.9175 |
Poboación | 137 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 18[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Poboación
editarSegundo o padrón municipal de 2016 tiña 137 habitantes (70 homes e 67 mulleres), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 158 habitantes.
Xeografía
editarOs Casás está situada no extremo sueste do concello sobre a marxe esquerda do río Mera e na dereita do seu afluente o Casares. Os seus lindes son: polo nordeste a parroquia do Ermo separada polo río Mera; polo leste limita con Insua e coas Enchousas, separadas respectivamente polos ríos Mera e o seu afluente o Carballás. Polo oeste limita coas parroquias de Santa Cruz de Moeche e Labacengos separadas polo regato da Madeira e polo río Casás e este mesmo río sepáraa da parroquia da Barqueira.
Dende o monte Teixeiro, que é altura máis destacada desta parroquia óllase todo o seu territorio nun perímetro marcado case totalmente por regos e regatos.
A estrada de Espiñaredo pasa polo extremo suroeste da parroquia preto do campo da feira.
Patrimonio
editarA pequena igrexa está situada no lugar do Campo da Igrexa, ao lado está o campo da feira e no lugar de Riba hai un escolar de indianos.
-
Malladora.
-
Motor da malladora.
-
Malladora e motor.
-
Retirando a palla da malladora.
-
Enriba da meda.
Lugares e parroquias
editarLugares dos Casás
editarLugares da parroquia dos Casás no concello de Cerdido | |
---|---|
Agreste | O Bordo | Boucido | Calmourel | A Calvela | Campo da Igrexa | Os Campos | Os Carballás | A Casanova | O Covelo | A Fraga | As Mestas | O Outeiro | A Pedrachantada | O Rego da Madeira | A Riba de Abaixo | A Riba de Arriba | O Seixidal |
Parroquias de Cerdido
editarGalicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cerdido | |
---|---|
A Barqueira (Santo Antonio) | Os Casás (San Xoán) | Cerdido (San Martiño) |