O Ermo, Ortigueira

parroquia civil do concello de Ortigueira

San Xulián do Ermo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 143 habitantes (76 homes e 67 mulleres) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.

O Ermo
Igrexa de San Xulián do Ermo
ConcelloOrtigueira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°36′49″N 7°52′53″O / 43.61352861, -7.8812811
Área9,30 km²
Poboación143 hab. (2013)
Densidade15,38 hab./km²
Entidades de poboación33[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

O Ermo está situada na beira dereita do curso alto do río Mera, nas abas do pico de Taboada. Linda polo nordeste coa parroquia de Devesos no regato do Chao do Carril até a súa unión co Gaiba, e coa parroquia de Senra até a desembocadura destes dous regatos no río Maior. Polo norte limita coa parroquia de San Claudio, separada polo mesmo río Maior e o rego de Cartelle até o alto de Casanova. Polo noroeste limita coa parroquia de Mera de Arriba. Polo suroeste o linde é coa parroquia dos Casás no concello de Cerdido separada polo río Mera, e coa parroquia de Insua, separada polo Pulgueira, afluente do Mera. Finalmente polo leste, os regatos Pulgueira e o de Chao dos Carrís sepárana da parroquia das Neves.

Esta parroquia está atravesada pola estrada que vai dende o lugar de Nogueirido en Senra na AC-862 até Insua, cruza polos lugares de Carelle, Sanguiñedo, O Mallo, Os Loureiros, O Igrexario, Escalo e Aldar.

Patrimonio

editar

A igrexa parroquial é de construción moderna, ten planta de cruz latina e está situada ao pé da estrada no lugar do Igrexario. Ten o cemiterio á dereita separado por un camiño. No lugar do Pereiro construíuse a comezos do século XX unha escola costeada por emigrados en Cuba, hoxe transformada en local social da parroquia.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares do Ermo

editar
Lugares da parroquia do Ermo no concello coruñés de Ortigueira

Aldar | A Armada | A Bidueira | A Cadela | Cancelo | Carelle | O Carreiro do Golpe | A Casanova | A Casavella | Chao do Carril | O Chao | A Cruz | Escalo de Abaixo | Escalo de Arriba | A Fieiteira | O Foxo Cativo | A Fraga | O Gandarón | O Igrexario | Os Loureiros | O Mallo | Mangoeiros | O Padornelo | As Pereiras | O Pereiro | Quintá | O Ramallal | Ramil | Sanguiñedo | Suarriba | O Supenido | A Veiga | Vilarnovo

Parroquias de Ortigueira

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar