Mera de Arriba, Ortigueira

parroquia civil do concello de Ortigueira

Santa María de Mera de Arriba é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 96 habitantes (48 mulleres e 48 homes) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes.

Mera de Arriba
Igrexa Mera de Arriba.JPG
Igrexa de Santa María de Mera de Arriba
Mapa Mera de Arriba.PNG
ConcelloOrtigueira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°39′42″N 7°55′21″O / 43.66171821, -7.92243111Coordenadas: 43°39′42″N 7°55′21″O / 43.66171821, -7.92243111
Área13,6 km²
Poboación96 hab. (2013)
Densidade7,06 hab./km²
Entidades de poboación45[1]
editar datos en Wikidata ]

XeografíaEditar

Mera de Arriba ocupa a conca superior do Río Mera que percorre de norte a sur esta parroquia e os vales dos seus afluentes: o rego da Igrexa, o Zapateiro, e o da Fervenza, que veñen desembocar en Ponte Noval. Linda polo norte coa parroquia de Mera de Abaixo, polo leste coa parroquia de San Claudio, polo sueste coa parroquia do Ermo, e polo oeste cos concello de Cerdido e de Cedeira. A estrada AC-862 pasa polo alto do Pousadoiro na parte oeste da parroquia e dende aquí parte unha estrada local que pasando por Ponte Noval chega ao lugar de Veluz. Tamén atravesa a parroquia a vía de FEVE, que dispón dun apeadoiro.

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial na honra de Santa María está no lugar da Reitoral e ten planta de cruz latina, á súa beira queda o cemiterio parroquial.

No lugar da Ponte Noval hai unha ponte sobre o río Mera, pola que pasaba o camiño real en dirección a Ferrol. Segundo conta Anxel Rosende na súa Guía de Ortigueira, era a principal vía de paso até a construción da estrada actual por Ponte Mera, xa que era o único vao sobre o dito río. Nela houbo enfrontamentos con destacamentos franceses durante a Guerra da Independencia Española.

Neste lugar hai unha escola de indianos, hoxe convertido en centro social parroquial.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de Mera de ArribaEditar

Lugares da parroquia de Mera de Arriba no concello coruñés de Ortigueira

O Amieiro - Baldomar - O Cal do Rego - O Cal - A Casanova - A Caseta - Os Casós - O Cochovello - A Congostra - A Costa - O Coto - O Covo - O Cruz do Noval - O Formigueiro - O Foxo - A Fraga - As Galiñeiras - A Lamela - A Leira Chá - A Leira - O Lourenzo - Maiordomo - Muíños - Os Netos - Pardiñas - Os Pasadoiros - O Pazo - A Peroxa - O Pico - O Plantío - A Ponte Noval - A Pontenova - O Pousadoiro de Abaixo - O Pousadoiro de Arriba - Pumariño - Raxeiro - A Rectoral - As Redondas - O Regueiro- A Retorta - O Río - Os Sedeás - O Soutonovo - Susaído - Tellas - Vilar - Xudracos - O Zapateiro

Parroquias de OrtigueiraEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar