O Mosteiro, Ortigueira
San Xoán do Mosteiro é unha parroquia do concello de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 33 habitantes (17 mulleres e 16 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 44 habitantes.
O Mosteiro | |
---|---|
Igrexa de San Xoán do Mosteiro. | |
Concello | Ortigueira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°40′34″N 7°48′09″O / 43.67604623, -7.80245947 |
Área | 4,4 km² |
Poboación | 33 hab. (2013) |
Densidade | 7,5 hab./km² |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarO Mosteiro está situada no sur da enseada de Ladrido, na marxe esquerda do río Baleo. Limita ao norte coa enseada de Ladrido, polo sur a parroquia de San Salvador de Couzadoiro, polo oeste a parroquia de Barbos, e polo leste o río Baleo. A estrada AC- 682 atravesa a parroquia pola beiramar, polos lugares da Queira e Regueira.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial atópase no lugar máis alto da parroquia entre os lugares de Seoane e Espiño, é dunha soa nave, ten campanario na fronte e un cemiterio ao seu carón. Leva abandonada desde mediados do século XX, e atópase en estado ruinoso, entre eucaliptos. A construción da estrada pola beiramar contribuíu ao desprazamento da poboación dende o alto da parroquia, provocando ese abandono e paulatina transformación en monte. En xaneiro de 2020 foi incluída na Lista Vermella do Patrimonio da asociación Hispania Nostra.[2]
Galería de imaxes
editar-
Altar de San Xoán do Mosteiro.
Lugares e parroquias
editarLugares do Mosteiro
editarLugares da parroquia do Mosteiro no concello coruñés de Ortigueira | |
---|---|
O Campo | O Carrexo | O Casón | A Catuxa | O Coto | Enxertos | O Espiño | A Felgueira | Landín | O Mosteiro | Nicolao | Nóitegos | A Pallarega | A Pontevella | O Pousadoiro | A Queira | A Regueira | O Romanchón | Seoane | A Venda | |
Parroquias de Ortigueira
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Capilla de San Xoán de Mosteiro". Lista Roja del Patrimonio. Consultado o 25 de xaneiro de 2020.