Abrir o menú principal

Senra, Ortigueira

parroquia civil do concello de Ortigueira

San Xulián de Senra é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 337 habitantes (179 mulleres e 152 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 503 habitantes.

Senra
Igrexa Senra.JPG
Igrexa de San Xulián de Senra.
Mapa Senra.PNG
ConcelloOrtigueira
Área8,66 km²
Poboación337 hab. (2013)
Densidade38,91 hab./km²
Entidades de poboación10

XeografíaEditar

Senra está situada na beira sur da ría de Ortigueira, na marxe esquerda do río Maior. Linda polo norte coa ría de Ortigueira dende a desembocadura do río Maior até a enseada da Roncadoira, polo leste limita coas parroquias de Cuíña e Os Freires, marcados ambos límites polo curso do río Maior , polo sur o regato da Gaiba sepáraa das parroquias de Devesos e O Ermo, e polo oeste linda coa parroquia de San Claudio no rego Chaelo. Como noutras parroquias do litoral a poboación concéntrase ao longo da estrada AC-862 que cruza os lugares de Riomaior, O Nogueirido, A Telleira e A Basteira. Dende o lugar do Nogueirido, nesta mesma estrada sae outra que atravesa a parroquia até a parroquia de Insua. Case paralela a estrada xeral, vai a vía de FEVE, que conta nesta parroquia cun apeadoiro.

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial, é unha construción moderna de cruz latina. Preto dela hai unha magnífica casa reitoral e en fronte un pouco separado, queda o cemiterio parroquial. No lugar do Nogueirido, á beira do antigo camiño real, está a ermida da Santiña, na honra da Virxe das Dores, cunha pedra que amosa unha faciana antropomorfa, e que contan foi atopada nun terreo por unha labrega que dixo ver nela a imaxe da Virxe.

O centro escolar da Granxa, no lugar dese nome, foi sufragado polos indianos, nome co que eran coñecidos os emigrados nos inicios do 1900 a Cuba. Outras construcións destacadas son o pazo de Riomaior e un muíño de mareas na mesma desembocadura do río Maior. Augas arriba do mesmo río está a Ponte de Saa, do século XIV, pola que pasaba o Camiño Real que foi único paso deste río até a construción da actual estrada AC-862.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar