Loiba, Ortigueira
San Xulián de Loiba é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2020 tiña 356 habitantes (174 homes e 182 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 609 habitantes.
Loiba | |
---|---|
Igrexa de San Xulián de Loiba. | |
Concello | Ortigueira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°44′01″N 7°45′13″O / 43.73356427, -7.75374111 |
Área | 19,3 km² |
Poboación | 356 hab. (2020) |
Densidade | 18,45 hab./km² |
Entidades de poboación | 49[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLoiba está situada no extremo oriental do concello de Ortigueira, entre o océano Atlántico e a vertente occidental da Serra da Faladoira. Os límites pola costa van dende a pena Penafurada até a desembocadura do río de Esteiro, que á súa vez é límite co concello de Mañón, polo oeste linda coa parroquia de Céltigos, e polo sur e leste coa ría de Esteiro até o regato de Pumar de Val, que a separa de novo de Mañón.
O río Esteiro atravesa a parroquia até a praia de Esteiro que a divide do veciño concello de Mañón. No seu termo hai outras praias salvaxes como O Picón e O Carro, ás que pola zona adoita chamárselles ribeiras, polo escarpado dos seus accesos.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial está ao pé da estrada que leva até o lugar do Picón dende a AC-682. É de construción moderna, de principios do século XX, e planta de cruz latina, e ao seu carón está o cemiterio parroquial. Existen ademais na parroquia dúas pequenas capelas adicadas a santo André, preto do antigo campo da feira a beira do río Esteiro, e á Virxe do Carme, no lugar de Soutomor.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Loiba, Ortigueira.
-
Capela de Santo Andrés.
-
Capela do Carme.
-
Ribeira de Furnas.
-
Praia do Picón.
Lugares e parroquias
editarLugares de Loiba
editarLugares da parroquia de Loiba no concello coruñés de Ortigueira | |
---|---|
O Aroxo | A Bidueira | Burreiros | O Cadaval | O Calvario | O Casal | Casanova | Casaqueimada | A Casilla | A Costa | A Estrada | O Fecellido | A Feira | Ferradás | Os Ferreiros | A Fervenza | Fontela | A Furadiña | A Grela | A Igrexa | Ladeiro | O Lagar | Lamacido | O Lombo | O Loureiro | Maciñeira | Montedónigo | Moreiras | Mourama | Muíños | Ourao | Outeiro | O Pazo | Penapicada | Penas do Lombo | A Penela | A Peneliña | O Picón | O Piñeiro | A Ponte | Os Portás | Pousada | A Pulgueira | Quelle | Os Ramos | Reparada | A Retorta | O Rosario | Rubido | Soutomor | Suaigrexa | Tras do Río | Xiloi |