Barbos, Ortigueira
San Xulián de Barbos[1] é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 108 habitantes (62 mulleres e 46 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.
Barbos | |
---|---|
Vista coa ria e o xuncal | |
Concello | Ortigueira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°41′00″N 7°49′30″O / 43.6833, -7.8249Coordenadas: 43°41′00″N 7°49′30″O / 43.6833, -7.8249 |
Área | 3,1 km² |
Poboación | 90 hab. (2017) |
Densidade | 29,03 hab./km² |
Entidades de poboación | 27[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Etimoloxía
editarEste topónimo ten a súa orixe nun xentilicio prerromano. Está atestado como Sancti Juliani de Baruaos no 1137, e máis tardiamente como Barboos, o cal apoiaría a hipótese de E. Bascuas de derivar dunha protoforma *Bharwanos, a partir do radical *barw-, derivado da raíz indoeuropea *bher- 'ferver, manancial'. Este xentilicio faría referencia a habitantes oriundos dun lugar chamado Barba ou similar.
Xeografía
editarBarbos está situada ao sur da enseada de Ladrido nas abas dos montes de Pereira e Seoane. Os límites son polo norte as brañas da enseada de Ladrido, polo sur a parroquia de San Salvador de Couzadoiro, polo oeste a parroquia de Luía e polo leste a parroquia do Mosteiro. A estrada AC-682 atravesa a parroquia pola beiramar, o mesmo que fai o camiño de ferro de FEVE Ferrol-Oviedo, mais non ten apeadoiro.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial que se atopa no lugar da Rúa está construída en planta de cruz latina e ten campanario na fronte e un cemiterio acaroado.
Galería de imaxes
editar-
Vista dende Barbos, coas marismas, a Illa de San Vicente e o cabo Ortegal ao fondo.
-
Igrexa de San Xulián de Barbos.
Lugares e parroquias
editarLugares de Barbos
editarLugares da parroquia de Barbos no concello coruñés de Ortigueira | |
---|---|
O Ameneiral | O Augueiro | A Brea | O Cal | A Cancela | A Cruz | Ervilleiro | Estevo | Lobeiros | O Lombo de Abaixo | O Lombo de Arriba | O Outeiro | A Pardiñeira | Pé do Altar | A Pereira | Os Petañosl | A Rama | O Regueiro | O Río | A Rúa | Sobrado de Abaixo | Sobrado de Arriba | O Souto | A Torre | Valella | A Veiga | Vilabade |