Couzadoiro, Ortigueira

parroquia civil do concello de Ortigueira

San Cristovo de Couzadoiro[1] é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 152 habitantes (82 homes e 70 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 229 habitantes.

San Cristovo de Couzadoiro
Igrexa de San Cristovo.JPG
Igrexa de San Cristovo de Couzadoiro
Mapa San Cristovo.PNG
ConcelloOrtigueira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°39′49″N 7°47′22″O / 43.6637, -7.7895Coordenadas: 43°39′49″N 7°47′22″O / 43.6637, -7.7895
Área21,8 km²
Poboación106 hab. (2017)
Densidade4,86 hab./km²
Entidades de poboación23[1]
editar datos en Wikidata ]

XeografíaEditar

Couzadoiro está situada na parte oriental do concello no curso medio do río Baleo e na aba occidental da Serra da Faladoira, do coto de Roca e dos montes do Burgo. Limita ao norte con San Salvador de Couzadoiro, dende o Coto polo rego de Montecalvelo até o coto de Vilariño; polo leste os altos da Faladoira son linde co concello de Mañón dende o coto de Vilariño até Xuncos de Mouraz; polo suroeste o rego de Xuncos de Mouraz, afluente do Baleo, sepáraa da parroquia de Devesos, e polo oeste limita coa parroquia de Cuíña no monte da Penouseira.

Dende a estrada AC-682 na Ponte do Baleo, parte outra que leva até Devesos e que atravesa a parroquia polo alto de Corbelle. Tamén atravesa esta parroquia outra estrada que une a mesma Ponte do Baleo con Mañón por Montecalvelo e o alto do Foxo.

O río Baleo duns 14 quilómetros, forma un val ao que van dar gran cantidade de regos e regatos de certa importancia, polo que vai recibindo distintos nomes ao longo do seu curso. Na parte alta chámaselle o río das Mestas, máis abaixo é o río Grande, e xa preto da enseada de Ladrido onde desemboca, coñécese coma Baleo.

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial de San Cristovo, á beira do rego de Meixonfrío, é un templo de certa amplitude; de planta de cruz latina con cinco pequenos altares, un dos cales é de estilo churrigueresco. Venérase nesta igrexa unha imaxe da virxe do Loreto, que deu lugar a unha romaría moi popular hoxe xa esquecida.

Seguindo este mesmo rego até a súa unión co Baleo, no lugar da Veiga está o Pazo da Torre. Alí mesmo hai tamén unha ponte pola que pasaba o camiño real de Ortigueira a Viveiro até que se construíu a finais do século XIX a do Barqueiro.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de San Cristovo de CouzadoiroEditar

Lugares da parroquia de Couzadoiro no concello coruñés de Ortigueira

O Acivido | Biduído de Abaixo | Biduído de Arriba | Castelo | Castrillón | Cernada | O Chao | A Corredoira | Corvelle de Abaixo | Corvelle de Arriba | O Coutado | O Cristo | Cu de Petos | A Ferrería | O Foxo | Martiñan | Meixonfrío | As Mestas | Montecalvelo | O Nogueirido | O Pazo | A Pena | As Penas do Rego | O Pesco | O Piñeiro | Porto de Insua | O Preguntoiro | Randamil | Riba de Souto | San Miguel | Santaballa de Abaixo | Santaballa de Arriba | O Teixeiro de Abaixo | O Teixeiro de Arriba | A Torre | O Trabado | O Vilar | Xiros | Xorres

Parroquias de OrtigueiraEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar