Ladrido, Ortigueira

parroquia civil do concello de Ortigueira

Santa Eulalia de Ladrido é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 275 habitantes (150 mulleres e 125 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 435 habitantes.

Ladrido
Ladrido e o Monte da Croa.
ConcelloOrtigueira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°42′18″N 7°48′46″O / 43.70494926, -7.81283053
Área4,4 km²
Poboación275 hab. (2013)
Densidade62,5 hab./km²
Entidades de poboación29[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Está situada no leste da ría de Ortigueira, na enseada que leva o seu nome, na marxe dereita do río Baleo, que chega ao mar formando unha paraxe de grande interese natural, que de feito xunto coa ría de Ortigueira forma parte de áreas de protección ambiental das categorías zona húmida Ramsar, ZEPA ría de Ortigueira e Ladrido e ZEC Ortigueira-Mera.

Limita ao norte coa ría e a parroquia de Espasante dende o regato que baixa do monte Sardiñeiras nas proximidades da Pria da Concha, polo sur as parroquias de San Salvador de Couzadoiro, e o río Baleo que a separa da parroquia do Mosteiro, polo oeste, de novo a ría, e polo leste outra vez a parroquia de San Salvador de Couzadoiro.

Está sucada polo río Baleo que na súa desembocadura forma unha grande enseada e unha barra nas proximidades da Illa de San Vicente que dificulta a entrada na baixamar. O monte máis alto da parroquia é o monte da Croa, de 114 metros de altitude, en cuxa cima hai un castro, que foi escavado por Federico Maciñeira.

Patrimonio

editar

A igrexa parroquial atópase no lugar da Igrexa, é moderna de planta de cruz latina e campanario na fronte. Deseñouna e reformouna entre 1799 e 1800 Francisco Javier Cayetano Méndez Neira de Saavedra, que ademais de cura era reloxeiro.[2] Existe ademais unha pequena capela adicada á San Fernando, no lugar da Ponte do Baleo.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Ladrido

editar
Lugares da parroquia de Ladrido no concello coruñés de Ortigueira

Agromaior | A Areosa | O Baleo | Barbeita | Os Calvarios | A Camareta | As Cancelas | A Capela | Carballeiras | O Carballo | A Casanova | A Castilla | Os Castros | As Congostras | Cotorredondo | O Cristo | Frádega | A Furadiña | A Golpilleira | A Ponte do Baleo | A Pontenova | A Pontevella | Pormadeira | A Praza | O Rego | A Rocha | Os Rubidos | Os Sandes | O Seixo | O Torno | Vilacova | Xilfonxe

Parroquias de Ortigueira

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar