Luía, Ortigueira
Santa María de Luía é unha parroquia que se localiza no concello de Ortigueira, ao sur da enseada de Ladrido. Segundo o IGE en 2018 tiña 208 habitantes (103 mulleres e 108 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes.
Luía | |
---|---|
Igrexa de Santa Ana de Luía | |
Concello | Ortigueira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°41′09″N 7°49′55″O / 43.68576881, -7.83184567 |
Área | 1,6 km² |
Poboación | 208 hab. (2018) |
Densidade | 130 hab./km² |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLimita ao sur con Cuíña, polo oeste, coa vila de Ortigueira e Luama, polo leste coa parroquia de Barbos e polo norte coas marismas da enseada de Ladrido. Nestas marismas están os illotes da Insuela Grande e da Insuela Pequena, que tamén pertencen a esta parroquia.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial que se atopa no lugar de Igrexa é unha pequena ermida adicada a Santa Ana e que ten o cemiterio arrimado ao seu costado dereito.
Galería de imaxes
editar-
Insuela Grande e xuncal
Lugares e parroquias
editarLugares de Luía
editarLugares da parroquia de Luía no concello coruñés de Ortigueira | |
---|---|
O Barral | Cancelo | O Castro de Abaixo | O Castro de Arriba | Cortes | O Escolleito | A Igrexa | Lale | Laxás | As Pontigas | Quintá | O Souto de Luía | Tallón | A Venda | A Vicoña |