Ana, nai de María
Santa Ana (do hebreo Hannah, חַנָּה, que significa "graza"), descendente de David, foi a nai da Virxe María e avoa de Xesús Cristo segundo a tradición cristiá e islámica. O seu nome non aparece nos Evanxeos canónicos e no Corán.
Santa Ana | |
---|---|
![]() Santa Ana e a Virxe co neno Xesús (pintura de Leonardo da Vinci) | |
Nai da Santísima Virxe María | |
Biografía | |
Nacemento | No século I |
Pasamento | No século I |
Proceso de canonización | |
Canonización | Anterior á Congregación |
Veneración | |
Venerado/a en | Igrexa católica, Igrexa ortodoxa, Comuñón Anglicana, Islam |
Festividade | 26 de xullo |
Atributos | Libro, porta, con María, Xesús ou Xoaquín |
Patrón/a de | Avós, nais, mulleres sen fillos, mulleres traballadoras. Québec, Bretaña. |
Tradición editar
Segundo os Evanxeos apócrifos de Santiago e Pseudo-Mateo, un anxo visitou a Ana e o seu home, Xoaquín, despois de anos de infertilidade, para lles anunciar que ían concibir un fillo. Ana prometeu dedicar o meniño ao servizo de Deus. Xoaquín e Ana levaron a María a vivir ao templo cando esta tiña tres anos.
A historia non foi aceptada pola Igrexa de Occidente ata o século XIII, mentres entre a Igrexa ortodoxa o culto a Santa Ana data do século VI. Nos séculos XIV e XV existía a crenza do nacemento virxinal de Ana, denegada como erro polo Vaticano en 1677.
Santa Ana é a patroa de Québec e Bretaña, e das mulleres traballadoras e mineiros, e dos concellos galegos de Carballedo, Cedeira, Cortegada, A Lama, Monterrei, Oímbra, Petín e O Rosal.
En Galicia editar
En Galicia, Santa Ana é tamén titular de tres parroquias (Chaodarcas, no Pereiro de Aguiar; A Portela do Trigal, do de Carballeda de Valdeorras; e A Barcia do Seixo, no da Lama) e nome de cinco lugares.
Risco recolleu a seguinte lenda:
"Xesucristo tivo madre e non tivo padre. Santa Ana tivo padre e non tivo madre. Que como foi? Pois Santa Ana era filla dun hortelán que xa era santo e estando un día nun xardín coméu unha mazá das que había, e coa navalla con que a cortara, pois limpouna nunha perna, despóis de cortala, e de alí a pouco sintéu un timorciño alí na perna, andando alí cos dedos, e tivo aquil tumor nove meses, e de alí ós nove meses desapareceulle. Mais despóis viu unha neniña moi bonita no xardín, e il iba atrás dela, mais ela botaba a correr e desaparecía. E tivo un soño que lle decían que a chamase e que lle dixera: "Hija mía ven acá". E que logo había vir, e que a tivera por a súa filla. E foi Santa Ana."Vicente Risco
Na cultura popular editar
- Dixo doña Ana: terás sempre tela se non matas a raña.
Por terras de Verín, corre este dito que nomea así as sete semanas coa Coresma: Ana, Vagana [1],/ Rabeque, Susana,/ Lázaro, Ramos,/ en Pascua estamos.
Festa editar
Notas editar
- ↑ Nalgunhas fontes, Rabana.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- MOREIRAS SANTISO, Xesús: Os mil e un refráns galegos da muller. Alvarellos, Lugo 1978.
- RISCO, Vicente: "Etnografía: cultura espiritual", en Historia de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires 1962, tomo I, px. 348.
- SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.