Ría de Ortigueira

ría galega

Coordenadas: 43°44′11″N 7°49′30″O / 43.736375, -7.825064

Véxase tamén: Ortigueira - Mera.

A ría de Ortigueira, tamén coñecida como ría de Ortigueira e Ladrido[1] e como ría de Santa Marta de Ortigueira,[2] é unha ría galega situada ao norte da provincia da Coruña, en Galicia, España.

Ría de Ortigueira
Localización administrativa
EstadoGaliza Galiza
DivisiónGaliza Galiza
SubdivisiónA Coruña
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico, mar Cantábrico
ContinenteEuropa
Coordenadas43°44′11″N 7°49′30″O / 43.73639, -7.82500
Xeografía
Illas interioresIlla de San Vicente
AfluentesRío Mera (30 km), río Baleo (14 km)
Accidentes
CabosCabo Ortegal, Estaca de Bares
Características
Superficie29,04 km²
Lonxitude máxima10 km.
Mapa

Localización da ría de Ortigueira

Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan os concellos de Cariño e Ortigueira. Debe o seu nome á vila de Ortigueira, e conta con dous portos pesqueiros, o de Espasante, no presente sen apenas actividade pesqueira, e o de Cariño, moito máis importante.

Está catalogada como unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA). Ademais, por ser un importante lugar de paso e invernada de aves acuáticas está dentro do Convenio de Ramsar como zona húmida protexida.[3][4]

Xeografía editar

 
A ría vista desde a serra da Capelada.

A ría de Ortigueira áchase encaixada entre a serra da Capelada polo oeste e a da Coriscada polo leste. Ambas as serras discorren case paralelas en dirección nordeste e culminan no mar Cantábrico, entre os cabos Ortegal e Estaca de Bares respectivamente.

A ría ocupa un vasto e serpenteante estuario creado polo río Mera. Na súa marxe oriental áchase o río Baleo, que á súa vez forma a pequena ría de Ladrido, que toma o seu nome da parroquia de Ladrido, situada ao pé da súa desembocadura.

As súas augas bañan os municipios de Ortigueira e Cariño.

Ten uns 10 km de lonxitude, unha anchura máxima de 3 km e o seu calado é tan reducido que se baleira case por completo durante a baixamar, deixando exposta unha amplísima chaira intermareal na que predominan os limos e fangos nos seus tramos alto e medio e os fondos areosos no seu tramo final, nas inmediacións da praia de Morouzos.[2]

 
Panorámica da ría de Ortigueira.

Climatoloxía editar

O clima da ría de Ortigueira é oceánico, con temperaturas suaves en verán e invierno e chuvias moi abundantes, normalmente superiores aos 1 000 mm de precipitación media anual.

A humidade relativa é alta durante todo o ano e a temperatura media anual rolda os 13 °C.[5]

Durante os meses que van de xuño a outubro predominan os vientos de dirección nordeste.[6]. Son ventos cálidos que chegan desde o mar cargados de humidade e que arrefrían ao ascenderen ás serras costeiras. Trátase do efecto Föhn: o rápido arrefriameniento condensa o vapor de auga e xera un manto nubrado de estancamento (nube orográfica) a baixa altitude, moi típico dos veráns de toda a costa norte galega, que deixa temperaturas moi suaves e frecuentes, aínda que débiles, precipitacións na marxe de barlovento das serras.

Flora editar

 
Fento común (Pteridium aquilinum).

Como no resto do litoral de Galicia, o bosque autóctono desapareceu practicamente das súas ribeiras debido ao monocultivo de eucalipto, aínda que sobreviven pequenas manchas nas que proliferan os salgueiros, bidueiros, castiñeiros, carballos etc.

No sotobosque abundan as silvas (Rubus lusitanicus) e varias especies de fentos con preponderancia do fento común (Pteridum aquilinum), mentres que na matogueira as especies predominantes son os toxos (Ulex europaeus) e a xesta (Cytisus scoparius).[7]

Ao longo das beiras e nos illotes que non quedan cubertos na preamar medran xuncos (Scirpus holoschoenus e Juncus acutus principalmente) e a principios da primavera, nas zonas sombrías e encharcadas, florecen milleiros de exemplares de lirio amarelo (Iris pseudacorus).

Na chaira intermareal podemos encontrar pradeiras de Zostera sp (cebas) e multitude de especies de algas como, por exemplo, Chondrus crispus, Gelidium sesquipedale, Laminaria ochroleuca e Codium tomentosum.[8]

Por último, os topónimos Ortigueira[9] e Ortegal (de orixe latina) fan referencia á abundancia de ortigas, que de feito seguen a ser moi abundantes e utilizadas tradicionalmente nesta zona polas súas virtudes terapéuticas e gastronómicas.

Fauna editar

 
Londras no porto de Ortigueira.

Mamíferos editar

Londra, corzo, xabaril, teixugo, raposo, marta, denociña, esquío, morcego orelludo común, rato de auga etc.

Aves editar

A ría de Ortigueira é unha das zonas húmidas máis importantes de Galicia e constitúe un santuario para un gran número de especies de anátidos, limícolas e garzas que pasan o inverno ao seu abeiro. Outras moitas especies fac escala nas súas ribeiras durante os seus tránsitos migratorios de primavera e outono. (Ver lista máis abaixo).

Anfibios e réptiles editar

Hyla arborea¡¡, ra vermella, tritón ibérico, píntega común, salamántiga galega, víbora de Seoane e lagarto das silveiras.

Resulta sorprendente a existencia dunha colonia de lagarta da serra (Iberolacerta montícola) a nivel do mar, en pleno casco urbano de Ortigueira.

Aves observadas editar

A continuación, dáse unha relación das especies presentes na ría de Ortigueira ao longo do ano:

 
Parella de lavancos: ♂ á esquerda, ♀ á dereita.
 
Garza real.
 
Píllara dourada.
Especies sedentarias
azor común azulenta común carrizo chasco común Cisticola juncidis
corvo grande corvo pequeno curuxa común escribenta común escribenta riscada
estreliña común falcón peregrino ferreiriño rabilongo gabeador común gabián común
gaivota patiamarela galiña de río lavandeira branca lavanco liñaceiro común martiño peixeiro
pentumeiro merlo acuático merlo común miñato común paporroibo paporrubio real
papuxa cabecinegra papuxa das amoras pardal comúnpega pega rebordá perdiz
peto verde peto real pimpín común pombo torcaz rabirrubio tizón rula turca
verderolo común xílgaro
Especies invernantes
avefría asubiador bilurico bailón bilurico común bilurico patirrubio bilurico pativerde
carrán ártico carrán común carrán cristado cerreta corvo mariño cristado corvo mariño real
cullereiro cullerete estorniño negro estorniño pinto gabita común gaivotón
gaivota chorona gaivota escura garza branca garza real garzota laverca
mazarico chiador mazarico rabinegro mazarico real pato cinsento pato rabilongo patirrubio
pica alpina pica costeira píllara riscada píllara cincenta píllara real pilro cincento
pilro común pilro gordo pilro tridáctilo mergullón orelleiro mergullón pequeno mergullón real


Especies estivais
andoriña avenoiteira cincenta cirrio común picanzo vermello
Especies accidentais e/ou en paso migratorio
aguia peixeira arao romeiro cuco escribenta amarela
escribenta nival gaivota polar lagarteiro mascato
mergo pequeno mergo trullo mobella grande pedreiro cincento
píllara rubia píllara dourada píllara papuda rula

Galería de imaxes editar

Protección editar

- Zona especial de conservación (ZEC ES1110001) "Ortigueira-Mera"

- Zona Húmida de Importancia Internacional. Convenio Ramsar.

- Zona de Especial Protección Para as Aves ZEPA ES0000086

Notas editar

  1. Dirección General del Instituto Geográfico Nacional, del Ministerio de Fomento. Datos geográficos y toponimia. Espacios anturales. Atlas nacional de España. Ría de Santa Marta de Ortigueira Arquivado 13 de xuño de 2016 en Wayback Machine.. Consultada o 31 de outubro de 2016
  2. 2,0 2,1 Dávila Díaz, Julio (1931): Geografía descriptiva de la comarca de Ortigueira. A Coruña: Establecimientos gráficos Zincker Hermanos, Cantón Grande, 21.
  3. Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia: "Decreto 127/2008, de 5 de junio, por el que se desarrolla el régimen jurídico de los humedales protegidos y se crea el Inventario de humedales de Galicia". Diario Oficial de Galicia. Consultado o 31 de outubro de 2016.
  4. Consellería de Agricultura, Ganadería y Montes. Xunta de Galicia: "Decreto 157/1995, de 3 de junio, por el que se incluyen las zonas denominadas Umia-O Grove, A Lanzada, laguna Bodeira y punta Carreirón; ría de Ortigueira; laguna y arenal de Valdoviño y ría del Eo en el Registro General de Espacios Naturales de Galicia". Diario Oficial de Galicia. Consultado o 31 de outubro de 2016.
  5. MeteoGalicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia: Exposición sobre meteorología. Consultada o 31 de outubro de 2016.
  6. Portos de Galicia. Consellería do Mar. Xunta de Galicia: La Costa Atlántica Gallega Arquivado 07 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. Consultada o 31 de outubro de 2016.
  7. Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente. Dirección Xeral de Conservación da Natureza: Humedales de Galicia Arquivado 08 de xuño de 2020 en Wayback Machine.. Consultada o 31 de outubro de 2015.
  8. Concello de Ortigueira. "Camino de la costa". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  9. Concello de Ortigueira. "El proceso de cristianización". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar