Pilro bulebule
O pilro bulebule[2][3][4] ou pilro tridáctilo[5] (Calidris alba) é unha ave limícola de pequeno tamaño.
Pilro bulebule | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Laem Phak Bia, Phetchaburi, Tailandia | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Calidris alba Pallas, 1764 | |||||||||||||||
Área de cría
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Descrición
editarMide de 18 a 21 cm de lonxitude. No inverno destaca pola súa plumaxe moi clara: a parte superior é gris ou gris moi clara, case branca, a inferior é branca. Teñen unha mancha negra nos ombreiros. As patas e o bico son escuras. Ten tres dedos nos pés, faltando o dedo posterior. En voo teñen aparenza gris pratexada, cunha banda alar branca ben visible.
Reprodución
editarCría na tundra ártica na tundra e en illas árticas coma as Spitzbergen. A subespecie Calidris a. alba cría na zona euroasiatica e a C. a. rubida, na americana.
A época de cría é curta. Fan en xeral dúas postas de 3 ou 4 catro ovos de cor verde oliva cada unha.
Hábitat é distribución
editarEn inverno aparece a miúdo en praias de area, nas que captura crustáceos é vermes. É caraterística a súa habilidade para fuxiren das ondas sen ter que voar. Dependendo das poboboacións fan só migracións curtas no inverno ou de longa distancia, que os levan ata Suráfrica, Australia e Suramérica.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Calidris alba". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X.
- ↑ Penas Patiño, Xosé Manuel (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-69-9.
- ↑ "Pilro". Dicionario de galego. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2016.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2016.