Abrir o menú principal

Zostera

xénero de plantas

Cebas (xénero Zostera)
ceba (Zostera marina)
ceba (Zostera marina)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Alismatales
Familia: Zosteraceae
Xénero: Zostera
Distribución de todas as especies do xénero.

Distribución de todas as especies do xénero.
Especies

Véxase no texto

Zostera, as zosteras[1] é un pequeno xénero de plantas acuáticas pertencente á familia Zosteraceae. Contén dezaseis especies. Non son verdadeiras algas verdes, porén en galego son comunmente coñecidas coma cebas[2]. (do xermánico: se: mar ou encoro, e blum: flor; "flor do mar"[3])) ou xebras, nomes comúns dados a especies de algas verdes empregadas coma argazo fertilizante. Son abundantes na beiramar galega.

DescriciónEditar

As cebas atópanse nos substratos areentos ou nos esteiros, mergulladas ou a boiar parcialmente. A maioría das especies de zosteras son perennes e teñen longas e brillantes follas coma fitas de cor verde de 1 cm de largo e moitos de longo. Os seus curtos caules agroman dun rizoma abrancazado. As flores atópanse enclaustradas nas vaíñas das follas da base. Os froitos poden flotar. Non son en verdade algas: pertencen ao reino das plantas, son espermatofitas e anxiospermas.

Zostera son importantes para a deposición de sedimentos, estabilización de substratos e coma substrato de algas epífitas e de micro invertebrados, e coma abeiro de moitas especies de peixes de importancia económica.

EspeciesEditar

NotasEditar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  2. Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
  3. Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Felger, Richard; Mary B. Moser. (1985). People of the desert and sea: ethnobotany of the Seri Indians. Tucson: University of Arizona Press. 

Ligazóns externasEditar