Epífito

(Redirección desde «Epífita»)

Epífito refírese ao vexetal que sen ser parasito vive sobre a superficie doutros vexetais, coma os fentos, mofos, liques, etc.[1][2]. Logo, non extraen do vexetal hóspede o seu nutrimento[3], senón que só se apoian nelas (se retirasen nutrientes delas, serían parasitas).[4] O epifitismo é común nas forestas tropicais, onde a competencia por luz e espazo non permite que plantas herbáceas prosperen sobre o chan. Deste xeito, certas especies que conseguían xerminar sobre a casca das árbores, por riba do chan, foron seleccionadas, e hoxe encóntranse milleiros de especies con hábito epífito.

Árbore soportando, sobre o seu tronco e pólas, numerosas plantas epífitas, no Parque Santa Elena, en Costa Rica.

Por extensión, tamén se denomina epífito ao parasito vexetal que se localiza en superficies animais[1].

Etimoloxía

editar

A verba "epífito" fórmase pola xunción dos termos gregos epí (sobre) e phytón, oú (vexetal), significando, polo tanto, "sobre vexetal".[4]

Descrición

editar

Son vexetais que non enraízan no solo, fixándose noutras árbores ou obxectos elevados como rochas, tellas, muros, construcións etc. Teñen porte discreto. Fíxanse nos tecidos superficiais dos troncos e pólas para recibir luz solar e humidade con máis facilidade do que se estivesen directamente no chan. Dispñen de sistemas específicos para absorber humidade do ar e extraer o seu nutrimento mineral da poeira que recae sobre si. Necesitan de gran cantidade de humidade e de luz.

En xeral, as epífitas medran sobre o tronco das árbores e disoñen de raíces superficiais que se espallan pola casca e que absorben a materia orgánica en decomposición dispoñíbel. Moitas veces, as raíces son acompañadas por un fungo microscópico coñecido como micorriza, que se encarga de transformar a materia orgánica morta en sales minerais, facilitando a súa absorción pola planta. Por veces, o epífito non absorbe materia prima da superficie da árbore ou arbusto, e as súas raíces poden ser atrofiadas ou ausentes, de modo que o epífito utiliza o seu hóspede só coma soporte para alcanzar o seu ambiente ideal nos estratos da foresta.

 
Bromelia.

As epífitas xamais buscan alimento nos organismos hospedeiros. As súas raíces superficiais non absorben o zume da planta hóspede, non hai relación de parasitismo ningunha. Ou sexa, a presenza de epífitas non prexudica a árbore ou arbusto onde vexetan. A incidencia de especies epífitas diminúe á medida que se aumenta a distancia para a liña do Ecuador, ou afástase das forestas húmidas para áreas máis secas. Algúns exemplos de epífitas son as polipodiáceas (fentos); cactáceas (flor de maio); as bromeliáceas (bromelias); as orquidáceas (orquídeas).

As especies epífitas son particularmente comúns entre as Bryophyta, Pteridophyta, Orchidaceae, Gesneriaceae, Begoniaceae, Bromeliaceae e Araceae. Hai tamén certas algas verdes que viven sobre árbores en terra firme.

 
Orquídea

No caso das bromelias, existen as epífitas e as non epífitas: todas teñen o seu cáliz en forma de rosa no punto onde as follas se xuntan, nunha chamada "disposición rosácea"; este mecanismo fai reciban auga da choiva, poeira e pequenos insectos mortos, que, decompostos pola auga e mesturados co po, serán aproveitados na súa nutrición.

As orquídeas teñen cerca de 800 xéneros, case 35.000 especies xa catalogadas e aproximadamente 5.000 en proceso de catalogación até 2004. Están presentes en todos os continentes, menos nas áreas polares. Teñen as raíces revestidas cunha especie de velame: un tecido formado por células mortas que actúan como unha esponxa, absorbendo a humidade e nutrientes.

  1. 1,0 1,1 Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
  2. Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Ed. do Cumio, 1999
  3. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=ep%C3%ADfito&sinom=0&homonimo= |título=Definición en Portal das palabras da [[RAG |data-acceso=13 de marzo de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160314051040/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=ep%C3%ADfito&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=14 de marzo de 2016 |urlmorta=yes }}
  4. 4,0 4,1 FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. 2ª edición. Río de Xaneiro. Nova Fronteira. 1986. p. 672.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar