Begonia

xénero de plantas
Begonias (xénero Begonia)

Begonia aconitifolia
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Violales
Familia: Begoniaceae
Xénero: Begonia
L.
Especies
Alrededor de 1500
Sinonimia
  • Eupetalum Lindl. (1836).
  • Trilomisa Raf. (1837).
  • Falkea K.D.Koenig ex Steud. (1840), nom. inval.
  • Mezierea Gaudich. (1841).
  • Rachia Klotzsch (1845).
  • Diploclinium Lindl. (1847).
  • Platyclinium T.Moore (1850).
  • Augustia Klotzsch (1854).
  • Barya Klotzsch (1854).
  • Casparya Klotzsch (1854).
  • Donaldia Klotzsch (1854).
  • Doratometra Klotzsch (1854).
  • Ewaldia Klotzsch (1854).
  • Gaerdtia Klotzsch (1854).
  • Gireoudia Klotzsch (1854).
  • Gurltia Klotzsch (1854).
  • Haagea Klotzsch (1854).
  • Huszia Klotzsch (1854).
  • Isopteryx Klotzsch (1854).
  • Knesebeckia Klotzsch (1854).
  • Lepsia Klotzsch (1854).
  • Magnusia Klotzsch (1854).
  • Mitscherlichia Klotzsch (1854), nom. illeg.
  • Moschkowitzia Klotzsch (1854).
  • Petermannia Klotzsch (1854).
  • Pilderia Klotzsch (1854).
  • Pritzelia Klotzsch (1854).
  • Riessia Klotzsch (1854).
  • Rossmannia Klotzsch (1854).
  • Sassea Klotzsch (1854).
  • Saueria Klotzsch (1854).
  • Scheidweileria Klotzsch (1854).
  • Stibadotheca Klotzsch (1854).
  • Tittelbachia Klotzsch (1854).
  • Trendelenburgia Klotzsch (1854).
  • Cyathocnemis Klotzsch (1855).
  • Lauchea Klotzsch (1855).
  • Nephromischus Klotzsch (1855).
  • Platycentrum Klotzsch (1855).
  • Putzeysia Klotzsch (1855).
  • Reichenheimia Klotzsch (1855).
  • Sphenanthera Hassk. (1855).
  • Steineria Klotzsch (1855).
  • Trachelanthus Klotzsch (1855).
  • Wageneria Klotzsch (1855).
  • Weilbachia Klotzsch & Oerst. (1855).
  • Trachelocarpus Müll.Berol. in Walp.Ann (1857).
  • Cladomischus Klotzsch ex A.DC. in A.P.de Candolle (1864).
  • Begoniella Oliv. (1873).
  • Symbegonia Warb. in H.G.A.Engler & K.A.E.Prantl (1894).
  • Semibegoniella C.DC. (1908).[1]

As begonias[2] son as diferentes especies vexetais do xénero Begonia , xénero que comprende arredor de 1500 especies, das que arredor de 150, ademais de case 10 000 variedades e híbridos, comercialízanse para o seu uso en xardinaxe. Son oriúndas das rexións tropicais e subtropicais de América, África e Asia. O único outro membro da familia Begoniaceae é Hillebrandia, un xénero cunha soa especie nas illas Hawai, e o xénero Symbegonia que recentemente incluíuse en Begonia.

O apelativo do xénero, acuñado por Charles Plumier, un referente francés en botánica, honra a Michel Bégon, un gobernador da ex Colonia francesa de Haití, e foi adoptado por Carl von Linné.

Características editar

Son plantas terrestres (ás veces epífitas) herbáceas, con talos acuosos, algunhas de porte semiarbustivo ou incluso pequens árbores e outras rubideiras, perennes agás en climas fríos, onde a parte aérea da planta morre. As flores son moi diversas tanto en forma e tamaño como en cor; son unisexuais, a masculina contén numerosos estames, a feminina posúe un ovario inferior con 2 ou 4 estigmas ramificados. O froito é unha cápsula alada que contén gran cantidade de diminutas sementes. As follas son asimétricas e ao igual que as flores, difiren moito dunha a outra especie, desde variadas como as de Begonia brevirimosa a verde brillante en Begonia ulmifolia.

Distínguense 3 grupos básicos, dependendo da raíz:

  • Begonias de raíces fibrosas como Begonia semperflorens e os seus híbridos, adoita cultivarse en interior. Soporta máis o sol directo, aínda que non as xeadas. Como o seu nome indica, florea durante case todo o ano.Orixinaria do Brasil.
  • Begonias rizomatosas, como B. rex, moi apreciada pola súa follaxe.
  • Begonias tuberosas, B. x thuberhybrida, con flores moi grandes.

Algunhas especies de begonias cultívanse polo seu atractiva follaxe máis que polas súas flores: son moi fermosas

  • A especie B. masoniana Irmsch. ex Ziesenh.

posúe bonitas follas en forma de corazón, finamente engurradas, de cor verde amarelado e cun debuxo interior en marrón escuro moi sinalado.

  • B. metallica W.G.Sm. dunha elegante follaxe verde escura brillante case metálica, de aí o seu nome.
  • B. imperialis Lem. ten follas de cor verde esmeralda ou bronce cun lene aspecto aveludado.

Os diferentes grupos teñen distintos requisitos de cultivo, pero a maioría precisan temperaturas cálidas, sombra lixeira (poucas aturan o sol directo), solo ben drenado que non estea constantemente húmido, mais que tampouco se deixe enxugar completamente. Moitas das especies medran e florean durante todo o ano, aínda que as tuberosas normalmente teñen un período letárxico durante o cal os tubérculos se poden tirar e gardar nun local fresco e seco.

A maioría das especies propáganse facilmente por división ou esgallos de talo e folla, ou incluso fragmentos dunha folla. En especial os membros do grupo de rizomatosas.

Doenzas: Araña vermella, oídio.

Notas editar

  1. "Begonia". Real Jardín Botánico de Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 26 de decembro de 2009. 
  2. Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica Universidade de Santiago de Compostela, 2004; e "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • REAL EXPEDICIÓN BOTÁNICA DEL NUEVO REINO DE GRANADA (Carlos III, Carlos IV y Fernando VI). Director da Expedición: Don José Celestino Bruno Mutis y Bosío (Astrónomo e Botánico). Flora de la Real Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada. Tomo XXVII: Pasifloraceas y Begoniaceas. Madrid: Instituto de Cultura Hispánica, Instituto Colombiano de Cultura Hispánica, 1950. Con ilustracións, láminas das distintas especies.

Ligazóns externas editar