Oídio[1], é o nome dun fungo do filo dos ascomicetos, do que existen varias especies que poden ser parasitos da vide e outras plantas, sobre as que provocan unha enfermidade que as cobre dunha camada pulverulenta e cinsenta abrancazada de micelio en forma de estrela principalmente na parte axial. Os talos tamén poden verse afectados. Nun ataque forte as follas tórnanse amarelas e despois muchan.

Borralla a medrar nunha folla (imaxe ampliada).
Detalle de folla afectada por oídio.

Características editar

Trátase dun fungo parasito que fica na membrana pluricelular na monofotosíntese dos organelos das células mortas dunha planta como o é a desinfección dos dióxidos de carbono na familia das erisifáceas (Erysiphales), que ataca as partes aéreas das plantas. O oídio máis coñecido é o da videira, provocado pola especie Uncinula necator, que en Galiza é coñecido vulgarmente cos nomes de cinza ou borralla da vide[2]. O fungo maniféstase inicialmente en plantas illadas pudendo cubrir posteriormente todo o cultivo. As follas baixas son as máis afectadas, pero o oído pode aparecer en calquera parte aérea da planta. A medida que a infección progresa as manchas vanse facendo máis grandes e mestas a medida que se van formando máis espora asexuais. O oídio desenvólvese ben en ambientes con altos niveis de humidade e temperaturas moderadas como é o caso de Galiza. Nun marco agrícola, o patóxeno pode controlarse empregando medios químicos, mellora/resistencia xenética, e labores culturais. Cómpre sempre ter en conta o oído, xa que o rendemento da colleita pode verse diminuído por este fungo.

 
Comparación do oídio (dereita) e do mildio (esquerda) nunha folla de vide.
 
Cinza a medrar nunha folla (imaxe moi ampliada).

Reprodución editar

O oídio reprodúcese tanto por vía sexual coma asexual. A reprodución sexual é por vía casmoteca (formalmente cleistoteca), un tipo de ascocarpo. Dentro de cada ascocarpo existen varios ascos. Co tempo, as ascosporas maduran e son ceibadas para iniciar novas infeccións. As condicións necesarias para a maduración de esporas difiren entre as especies.

O oídio nas diferentes plantas editar

Oídio do trigo editar

Blumeria graminis f. sp. tritici, é o fungo que causa o oídio no trigo. O oídio no trigo é relativamente doado de diagnosticar por mor das características manchas abrancazadas e fariñentas que causa o micelio.[3] Estas manchas poden aparecer na epiderme superior ou inferior das follas. A medida que a infección progresa collen unha cor parda clara.[3] Blumeria graminis f. sp. tritici é un parasito que só medra en tecido vivo. Aparece en todas as rexións onde se produce trigo, pero especialmente na costa leste dos Estados Unidos así coma toda a faixa atlántica.

Oídio da vide editar

 
Cinza da videira nos bagos

Erysiphe necator (ou Uncinula necator) causa a borralla, cinza ou oídio da viña, moi común en Galiza.[4]. Pode ocasionar danos atacando todos os órganos verdes da videira. Nas follas nos seus estadios iniciais pode semellarse á infección do mildio, porén as manchas que aparecen acostuman ser sempre máis miúdas e nunca amosan a típica peluxe abrancazada no envés, pola contra si se poden ollar manchiñas pardas.

Oídio das cebolas editar

O fungo que causa o oídio na cebola é a Leveillula taurica (tamén coñecido polo nome do seu anamorfo, Oidiopsis taurica). Tamén infecta a alcachofa.

Oídio en maceiras e pereiras editar

Podosphaera leucotricha é un fungo que causa o oídio en maceiras e pereiras.

Oídio en cabazas e melóns (cucurbitáceas) editar

 
Oídio en cucurbitáceas

Podosphaera fusca é o fungo que causa o oídio en curcurbitáceas: cogombros, cabazas (incluíndo os calacús), buchas ou cabaza esponxa, melóns e sandías.

Oídio nas lilas editar

Microsphaera syringae é o fungo que causa o oídio nas lilas (Syringa vulgaris).[5]

Oídio en amorodeiras editar

Podosphaera aphanis é o fungo que causa o oído nas amorodeiras e outras rosáceas coma Geum rivale.

Oídio nas follas das árbores editar

O oídio do carballo é causado polo fungo Microsphaera alphitoides ou Erysiphe alphitoides; é unha infección común nos carballos galegos. Sawadaea tulasnei é un fungo que causa o oído nas follas doutras especies de árbores coma o no pradairo real (Acer platanoides) en América do Norte,[6] ou no pradairo xaponés (Acer palmatum) na Europa atlántica.<ref>Sawadaea tulasnei (Fuckel) Homma 1937 en Encyclopedia of Life</ref>

Notas editar

  1. Nome vulgar. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para oídio.
  2. Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar
  3. 3,0 3,1 Stromburg. (2010). Wheat Powdery mildew. Retrieved from http://www.ppws.vt.edu/stromberg/w_powder_mildew.html Arquivado 07 de maio de 2012 en Wayback Machine..
  4. Darriet P, Pons M, Henry R; et al. (2002). "Impact odorants contributing to the fungus type aroma from grape berries contaminated by powdery mildew (Uncinula necator); incidence of enzymatic activities of the yeast Saccharomyces cerevisiae". J. Agric. Food Chem. 50 (11): 3277–82. PMID 12009998. doi:10.1021/jf011527d. 
  5. "Problem: Powdery Mildew of Lilac (Microsphaera syringae)". 28 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 30 de abril de 2013. 
  6. Newcombe, G.; Nischwitz, C. (2003). "First Report of Powdery Mildew (Sawadaea bicornis) on Norway Maple (Acer platanoides) in North America". Plant disease: an international journal of applied plant pathology (en English). ISSN 0191-2917. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2019. Consultado o 18 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar