Oídio da vide

especie de fungo
(Redirección desde «Uncinula necator»)
Oídio da vide
Uncinula necator

Bagas de uvas afectadas polo anamorfo de Uncinula necator.
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Ascomycota
Clase: Leotiomycetes
Orde: Erysiphales
Familia: Erysiphaceae
Xénero: Uncinula
Especie: U. necator
Nome binomial
Uncinula necator
(Schwein.) Burrill
Sinonimia
Véxase o texto

Uncinula necator é unha especie de fungo que causa a enfermidade do oídio,[1][2] que pode ocasionar danos atacando a tódolos órganos verdes da vide.

Folla infestada.

Características editar

Nas follas, nos seus estadios iniciais pode parecerse á infestación do mildiu, pero as manchas que aparecen adoitan seren sempre máis pequenas e nunca mostran a típica peluxe branca no revés; en cambio, si se poden observar puntos pardos.

É un patóxeno común de todas as especies do xénero Vitis, incluída a vide, Vitis vinifera.

Crese que o fungo orixinouse en América do Norte.

As variedades europeas de Vitis vinifera son máis ou menos susceptíbeis a este fungo. Uncinula necator infesta todos os tecidos verdes da vide, incluídas as follas e as baga novas. Pode causar perdas de cultivos e mala calidade do viño se non se trata.

A etapa sexual deste patóxeno require humidade libre para liberar as ascósporas dos seus clistotecios na primavera. Porén, a humidade libre non é necesaria para a propagación secundaria a través de conidios; a alta humidade atmosférica é suficiente.

A súa forma conidial ou anamorfo denomínase Oidium tuckeri.

Produce olores comúns, como 1-octen-3-ona e (Z)-1,5-octadien-3-ona.[3]

Sinónimos editar

A especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[4]

  • Erysiphe necator Schwein.
  • Oidium necator (anon. ined.)
  • Uncinula americana Howe
  • Oidium tuckeri Berk.
  • Acrosporium tuckeri (Berk.) Sumst.
  • Pseudoidium tuckeri (Berk.) Y.S. Paul & J.N. Kapoor

Tratamento editar

Este mofo pode ser tratado con xofre ou con funxicidas; porén, desenvolvéronse resistencias a varias clases de produtos químicos como benomyl, os DMI e as estrobilurinas. Aínda que os funxicidas sintéticos moitas veces recoméndanse como aplicacións cerca da floración, é común incluír xofre nunha mestura para axudar ao manexo da resistencia.

Notas editar

  1. Kühne, Stefan; Burth, Ulrich; Marx, Peggy (2011). Cuidado de cultivos biológicos al aire libre (en castelán). Editorial Paraninfo. ISBN 9788484765110. Consultado o 22 de abril de 2020. 
  2. oídio no Dicionario da RAG.
  3. Darriet, P.; Pons, M.; Henry, R. el al. (Maio de 2002). "Impact odorants contributing to the fungus type aroma from grape berries contaminated by powdery mildew (Uncinula necator); incidence of enzymatic activities of the yeast Saccharomyces cerevisiae". J. Agric. Food Chem. 50 (11): 3277–82. PMID 12009998. doi:10.1021/jf011527d. 
  4. Uncinula necator (Schwein.) Burrill en BioLib

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar