Erisifales

orde de fungos
(Redirixido desde "Erysiphales")
Erisifales
Erysiphales
Botanischer Garten Düsseldorf-0027.jpg
Folla de Vitis vinifera,
infestada por Uncinula necator
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Ascomycota
Clase: Leotiomycetes
Orde: Erysiphales
H. Gwynne-Vaughan, 1922
Familia: Erysiphaceae
Tul. & C.Tul., 1861

A das erisifales (Erysiphales) é unha orde fungos ascomicetos da clase dos leotiomicetos, integrada pola única familia das erisifáceas.

Moitas das súas especies causan enfermidades ás plantas, como o mildio e os oídios.

SistemáticaEditar

A orde conén unha soa familia, con 28 xéneros e aproximadamente 100 especies. Moitos dos chamados "fungos imperfectos" (fungos cuxa reprodución sexual se descoñece) pertencen á orde.

Datos moleculares recentes revelaron a existencia de seis liñaxes evolutivas principais:

  • Clado 1. Consta de Erysiphe, Microsphaera e Uncinula, todos os cales teñen un subxénero de Oidium e un estado mitospórico Pseudoidium.
  • Clado 2. Comprende Erysiphe galeopsidis e Erysiphe cumminsiana (anamorfos de Oidium subxénero Striatoidium.
  • Clado 3. Está formado por especies de Erysiphe con anamorfos no subxénero Reticuloidium de Oidium.
  • Clado 4. Comprende Leveillula e Phyllactinia, que teñen estados mitospóricos Oidiopsis e Ovulariopsis, respectivamente.
  • Clado 5. Inclúe a Sphaerotheca, Podosphaera e Cystotheca, que teñen subxéneros Oidium, Fibroidium e Setoidium mitospórico.
  • Clado 6. Comprende a Blumeria graminis, que ten un subxénero de Oidium, estado mitospórico Oidium. Analizáronse varios caracteres morfolóxicos e encontrouse que non entran en conflito cos datos moleculares.

XénerosEditar

CaracterísticasEditar

  • As erisifales teñen micelio superficial que extrae alimentos da planta hospedeira a través de hifas especializadas que penetran nas súas células epidérmicas mediante órganos absorbentes chamados haustorios.
  • Os teleomorfos adoitan seren máis distintivos e diversos que os anamorfos. Se os ascos son bitunicados ou unitunicados (é dicir, se contan cunha ou dúas capas), é un tema en discusión.
  • Os cleistotecios teñen os ascos dispostos nunha capa himenial, que se asemella ao peritecio. Os cleistotecios son diminutos, polo xeral de non moito máis de 0,1 mm de diámetro. Desde a parede exterior do cleistotecio crecen hifas especializadas (apéndices). O número de ascos por ascoma varía, e é importante para distinguir os xéneros.
  • Esta orde é notábel polos apéndices complexos que seguen a xeometría fractal dentro dos números de Fibonacci e poden ser útiles para a identificación de especies.

Ciclo de vidaEditar

A infestación da planta hospedeira comenza coas ascósporas sexuais ou ps conidios asexuais que xerminan na superficie da folla ou no caule das plantas, o que dá como resultado un micelio septado de células uninucleadas. Na maioría dos fungos pulverulentos só se atacan as células epidérmicas. O micelio externo dá lugar a conidióforos curtos e erectos, cada un dos cales ten unha soa fila de esporas en forma de tonel, e as partes afectadas quedan cubertas cun "bosque" de conidióforos que teñen unha aparencia de po branco. As esporas maduras despréndense e son facilmente dispersadas polo vento, causando infestacións novas. En outono prodúcense os cleistotecios sexuais. Os cleistotecios representan a etapa de repouso (hibernación) do patóxeno. As ascósporas permanecen latentes durante todo o inverno para xerminaren en primavera. Cando os ascos se expanden, rompen a parede do clasmotecio, guindando as ascósporas ao aire.

EcoloxíaEditar

Os erisifales son parasitos obrigados nas follas, caules e froitos das plantas superiores, causando enfermidades. A maioría dos intentos de cultivalos fracasaron.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar