O himenio é unha camada de tecido do himenóforo do corpo frutífero dun fungo, onde as células se desenvolven en basidios e ascos produtores esporas. O himenio é a parte fértil do basidiocarpo dos basidiomicetos e dos ascocarpos dos ascomicetos, formada polos basidios ou ascos dependendo da clase do fungo e, cando existen, polos filamentos estériles que os ligan ao basidiocarpo ou ao ascocarpo (estes filamentos chámanse cistidios nos basidiomicetos). Acotío os cistidios son importantes para a identificación microscópica.

Ilustración do himenio de Agaricus bisporus.

Nalgunhas especies, todas as células do himenio desenvólvense en basidios ou ascos, mentres noutras células desenvólvense en células estériles chamadas cistidios (basidiomicetos) ou paráfises (ascomicetos). Os cistidios son moitas veces importantes na identificación microscópica. O subhimenio consiste en hifas de soporte a partir das cales se desenvolven as células do himenio, e baixo o cal se sitúa a trama, as hifas que constitúen a masa do himenóforo.

A posición do himenio é tradicionalmente a primeira característica usada na clasificación e identificación de cogomelos. Abaixo atópanse algúns exemplos de diversos tipos que aparecen nos Basidiomycota e Ascomycota macroscópicos.

  • Nos agáricos o himenio sitúase nas faces verticais das lamelas.
  • Nos boletos atópase nunha masa esponxosa de tubos que apuntan para baixo.
  • Nos peidos de lobo é interno.
  • Nos da familia Pezizaceae, atópanse na superficie cóncava da cunca.
  • Nos do xénero Hydnum, medra na banda externa das espiñas con forma de dentes.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  • Régis Courtecuisse, Bernard Duhem : Guide des champignons de France et d'Europe (Delachaux & Niestlé, 1994-2000). ISBN 2-603-00953-2

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar