Basidiomicetos
Basidiomicetos Basidiomycota | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Basidiomycetes segundo Ernst Haeckel no seu libro Kunstformen der Natur de 1904. | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Subfilos/Clases | |||||||||
|
Os basidiomicetos (Basidiomycota) son unha división do reino Fungi que inclúe os fungos que producen basidios con basidiosporas. Contén os clásicos cogomelos e fungos con chapeu.
Características
editarEste filo é o máis evolucionado e o máis coñecido pois comprende numerosos e variados tipos de fungos. Cando son de carácter heterotálico, o micelio primario sofre dicariotización (somatogamia ou espermatización) producindo hifas dicarióticas que corresponden ó micelio secundario. Nos fungos de carácter homotálico unha basidiospora produce o micelio dicariótico. Hai presenza de quitina nas paredes celulares, e aparecen unhas estruturas chamadas fíbulas, moi parecidas ós uncínulos dos ascomicetos.
Clasificación
editarOs basidiomicetos clasifícanse en tres subfilos con diferentes clases:
- Subfilo Agaricomycotina
- Clase Agaricomycetes
- Clase Dacrymycetes
- Clase Tremellomycetes
- Subfilo Ustilagomycotina
- Clase Ustilaginomycetes
- Clase Exobasidiomycetes
- Subfilo Pucciniomycotina
- Orde Pucciniales
Notas
editar- ↑ Moore, R.T. (1980). "Taxonomic proposals for the classification of marine yeasts and other yeast-like fungi including the smuts". Bot. Mar. 23: 371.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Basidiomicetos |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basidiomicetos |