Andoa anelada

(Redirección desde «Suillus luteus»)
Andoa anelada

Andoa anelada
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Boletales
Familia: Boletaceae
Xénero: Boletus
Especie: B. luteus
Nome binomial
'Boletus luteus'
L.: Fries) Gray
Sinonimia

synonyms= Suillus luteus (L. ex Fries)
Boletus annulatus (Pers.)

A andoa anelada ou andoa amarela[1] (Boletus luteus) é unha especie de boleto comestíbel da familia Boletaceae. A especie foi orixinalmente descrita en 1774 por Jacob Christian Schäffer[2]. Ás veces aparece co nome científico de Suillus luteus.

É un cogomelo moi común en toda Europa, tamén en Galiza. Non ten preferencia por ningún tipo de solo, mais medra baixo os piñeiros especialmente. O corpo frutífero abrolla dende o verán até o outono, tendo o seu apoxeo entre outubro e novembro en Galiza[3]. É un cogomelo comestíbel, aínda que a cutícula viscosa do chapeu pode ter fortes efectos laxantes en determinadas persoas, polo que cómpre tirala. O epíteto específico "luteus" significa "amarelo". Todas as especies do xénero Suillus son micorrizas de coníferas.

Morfoloxía editar

O chapeu é de cor marrón e de forma convexa, cun diámetro entre 4 e 10 centímetros, podendo acadar até 12 centímetros de largura. A cutícula tírase de xeito doado, é viscosa e o seu bordo é enrolado, podendo presentar restos do veo. Os tubos son de cor amarela pálida e cando o exemplar é novo atópanse cubertos polo anel. Os poros son pequenos e angulosos, amarelos en fases iniciais e apardazados conforme o cogomelo vai envellecendo. En exemplares novos, poden segregar algunhas pingas leitosas, mais non en tanta cantidade coma no S. granulatus. O mide entre 3 e 8 centímetros de longo por entre 1 e 2,5 centímetros de largo, é rexo e abrancazado, cilíndrico e presenta un anel largo e membranoso. A esporada é de cor parda. A carne é branca amarelenta, de cheiro afroitado e sabor moi pouco marcado.

Posibilidades de confusión editar

Os cogomelos maduros pódense confundir cos de Suillus granulatus, tamén comestíbel.

Notas editar

  1. Nomes vulgares galegos en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  2. Schäffer JC. (1774). "Fungorum qui in Bavaria et Palatinatu circa Ratisbonam nascuntur Icones" (en Latin) 4. Regensburg, Germany: Apud J.J. Palmium: 82. 
  3. Na web da Agrupación Micolóxica de Galiza- http://www.azarrota.org/index.php?option=com_content&task=view&id=62&Itemid=74 Arquivado 02 de outubro de 2013 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Bibliografía editar

  • Asociación Micológica Zamorana, 2005: Setas y Rutas Micológicas en Sanabria, Carballeda y los Valles. Ed. ADISAC LA VOZ.
  • Shelley Evans, Geoffrey Kibby, 2004: Guías de bolsillo. Hongos. Ed. Omega. ISBN 84-282-1089-6.