Boletaceae
Boletaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Boletus edulis | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
|
Boletaceae é unha familia de fungos basidiomicetos, cuxa principal característica é que liberan as súas esporas a través duns pequenos poros situados na parte inferior do píleo do seu cogomelo ou corpo frutífero. Non posúan lamelas, como ocorre nos agáricos. A súa distribución é case tan ampla como a da dos agáricos, e o grupo inclúe o Boletus edulis, moi apreciado polos recolledores de cogomelos. Os Boletaceae constitúen un grupo de fungos relativamente seguros para o consumo humano, xa que non se coñecen especies que poidan resultar mortais para os adultos. No seu conxunto, as especies típicas desta familia coñécense vulgarmente como boletos.
Xéneros
editarA pesar de que os sucesivos cambios na taxonomía sacaron especies antes incluídas en Boletaceae a outros grupos, segue sendo unha familia moi numerosa. Recoñécense dentro deste grupo 35 xéneros, que conteñen un total de 787 especies:[1]
Moitos outros xéneros que anteriormente formaban parte deste taxon redefiníronse dentro doutras pequenas familias como resultado das análises moleculares de ADN, que demostran que moitas especies que fisicamente poden presentar similitudes están moi afastadas xeneticamente. Un dos exemplos máis representativos deste axuste é o traslado do xénero Suillus a Suillaceae.
Distribución
editarOs boletos distribúense por todo o mundo, e atópanse en todos os continentes excepto na Antártida. Son ben coñecidos e foron detalladamente descritos desde antigo nas latitudes temperadas do hemisferio norte, aínda que investigacións máis recentes demostraron que existe unha significativa diversidade de especies de Boletaceae no hemisferio sur e as rexións tropicais. Só na illa de Singapur, o botánico E. J. H. Corner encontrou evidencias da existencia de polo menos 60 especies desta familia. En 1972 describiu 140 especies na península Malaia e en Borneo, e estimou que había polo menos un número igual de especies pendentes de ser descritas.[3] Tamén se fixeron declaracións similares acerca da rica biodiversidade da familia Boletaceae en Australia.
Notas
editar- ↑ Kirk PM, Cannon PF, Minter DW, Stalpers JA. (2008). CABI, ed. Dictionary of the Fungi. 10th ed. Wallingford. pp. 96. ISBN 0-85199-826-7.
- ↑ Desjardin DE, Binder M, Roekring S, Flegel T. (2009). "Spongiforma, a new genus of gasteroid boletes from Thailand". Fungal Diversity 37: 1–8.
- ↑ Corner EJH (1972). Government Printing Office/Botanic Gardens, Singapore, ed. Boletus in Malaysia.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boletaceae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Boletaceae |