Conidio

Na micoloxía, un conidio é cada unha das esporas que, na reprodución asexual dos fungos, nacen nun aparello esporífero, do cal se desprenden cando chegan á madureza[1]. É unha espora asexual inmóbil formada directamente a partir dunha hifa ou célula conidióxena ou esporóxena. Aparecen en fungos: Zygomycetes, Ascomycetes e algúns Basidiomycetes. O termo Deuteromycetes está en desuso pois a tendencia actual é se referir a estes fungos mediante os grupos principais mencionados aos que pertencen. Aínda que moitas especies de fungos perderon a capacidade de producir estruturas sexuais e reprodúcense só asexualmente, é posíbel situalos nalgún dos grandes grupos de fungos mencionados anteriormente, mediante análise morfolóxica ou molecular. O termo conidio utilízase tamén como sinónimo de exospora, esporas das bacterias fungoides do grupo dos Actinomycetes, como as do xénero Streptomyces.

Conidios no extremo dun conidióforo de Hyaloperonospora parasitica.

Os conidios son esporas asexuais que a miúdo están pigmentadas e son resistentes ao desecamento. Os conidios serven para espallar o fungo cara a novos hábitats. Cando estes fórmanse, a cor branca do micelio muda e toma a cor dos conidios que pode ser negra, verde azulada, vermella, amarela ou marrón.

NotasEditar