Uncinula

xénero de fungos

Uncinula é un xénero de fungos da familia das erisifáceas.[1]

As súas especies son patóxenos vexetais que causan enfermidades en varios hospedeiros.

Características

editar

O xénero caracterízase polo seu escuro casmotecio (órgano que produce os ascos e as ascósporas) que leva aparellos filamentosos e hialinos con puntas rematadas en ganchos.

Describíronse máis de cen especies a partir de diversos hospedeiros, maioritariamente dicotiledóneas.[2][3] Braun e Takamatsu (2000) suxeriron que Uncinula debería considerarse un sinónimo de Erysiphe,[4] aínda que non todos os investigadores posteriores aceptaron as súas conclusións.

Unha notoria especie do xénero, Uncinula necator (sinónimo Erysiphe necator), ataca a varias especies de vides (Vitis spp.) e pode causar perdas de rendemento nas uvas europeas.

Outras especies de Uncinula atacan unha gran variedade de plantas dicotiledóneas.

Taxonomía

editar
 
Folla de Vitis vinifera infestada por Uncinula necator.

Descrición

editar

O xénero foi descrito en 1851 polo médico e micólogo francés Joseph-Henri Léveillé, nun traballo publicado en Annales des Sciences Naturelles Botanique 15: 151.[5]

Especies

editar

Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes especies:

Filoxenia

editar

Cladograma das relacións filoxenéticas das erisifáceas:[1]:

Erysiphaceae
Uncinula

Uncinula adunca

Erysiphe necator (= Uncinula necator)

Erysiphe prunastri (= Uncinula prunastri)

Arthrocladiella

Blumeria

Erysiphe

Microsphaera

Phyllactinia

Podosphaera

Sawadaea

Sphaerotheca

  1. 1,0 1,1 Unincula en Dyntaxa.
  2. Uncinula, en Species Fungorum.
  3. Uncinula Léveillé, 1851 en IRMING.
  4. Braun, U. & Takamatsu, S. (2000): "Phylogeny of Erysiphe, Microsphaera, Uncinula (Erysipheae) and Cystotheca, Podosphaera, Sphaerotheca (Cystotheceae) inferred from rDNA ITS sequences: Some taxonomic consequences". Schlechtendalia 4: 1-33.
  5. Uncinula en Mycobank.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar