Pradairo real

especie de planta
(Redirección desde «Acer platanoides»)

O pradairo real[1] (Acer platanoides), tamén coñecido coma pradairo noruegués, é unha especie arbórea pertencente á familia das aceráceas. Non aparece en Galiza de xeito espontáneo, atopándose coma ornamental nalgúns parques e xardíns.

Pradairo real

Follas do pradairo real
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Sapindales
Familia: Aceraceae
Xénero: Acer
Especie: A. platanoides
Nome binomial
'Acer platanoides'
L.
Distribución
Distribución

Distribución

Distribución e hábitat editar

Medra en Europa, o Cáucaso, e Asia Menor. Na Península Ibérica a súa presenza limítase aos Pireneos e cultivares ornamentales.[2][3] Medra ben en solos fondos en medios de faiais, carballeiras e pradeira, en zonas de tebras. Prefire un substrato rico en substancias nutritivas.

Descrición editar

 
Pradairo real

É un árbore caducifolia que pode acadar até 35 m de altura, aínda que o habitual é que non supere os 25 m. Presenta unha casca lisa e cinsenta clara. As follas son palmadas e dentadas. As flores son de cor verde amarelenta e se dispoñen en panículas. O froito, sámara, constitúeno dúas noces unidas con ás formando entre si un ángulo.[4][5][6][7]

Especies semellantes editar

En Europa hai dúas especie de pradairos moi semellantes que se poden confundir de xeito doado. As dúas especies presentan exemplares elevados, que poden acadar até 30–35 m de altura.

 
Acer platanoides
Especies pradairo real (Acer platanoides) pradairo bravo ou común (Acer pseudoplatanus)
Casca das árbores adultas Lisa, vai ter fendas verticais coa idade Semellante á do plátano oriental, despréndese en placas
Gomos de cor granate de cor verde
Follas Hai cultivares con follas de cor vermella púrpura Son de cor verdes
Flores Aparecen no momento de se abrir os gomos Aparecen pouco despois das follas
Froitos (sámaras) As sámaras atópanse na base das franzas e ten as sementes aplanada. As sámaras atópanse nas franzas e teñen a semente redonda.

Observacións editar

 
As flores aparecen no momento de se abrir os gomos
 
As sámaras teñen a semente aplanada.
 
As follas dalgúns cultivares poden ser cor vermella púrpura
 
Casca da árbore adulta

Esta árbore pode chegar aos 150-200 anos, considerabelmente menor que outras especies de pradairos. O nome do xénero xa era empregado polos romanos ("acer": rexo, duro). Segundo outros autores, o seu nome deriva da voz celta "ac", espiña oo punta, por se ter utilizado para fabricar puntas de lanza. É sensíbel a unha micose ocasionada polo fungo Rhytisma acerinum, o que lle ocasiona unhas tacas semellantes ao alcatrán nas súas follas.

Sinonimia editar

 
Acer platanoides cv. Schwedleri.

subsp. platanoides

Acer acutifolium St. Lager
Acer dasyphillum Nicholson
Acer dobrudschae Pax
Acer fallax Pax
Acer lactescens Steud.
Acer laetum var. cordifolium Kanitz
Acer platanifolium Stokes nom. illeg.
Acer platanoides L.
Acer platanoides f. drummondii (Drummond ex Schwer.) Geerinck
Acer platanoides f. erectum A.D.Slavin
Acer platanoides f. meyeringii Geerinck
Acer platanoides var. drummondii Drummond ex Schwer.
Acer platanoides var. laciniatum Hovey (= 'Laciniatum')
Acer rotundum Dulac nom. illeg.
Euacer platanoides (L.) Opiz

subsp. turkestanicum (Pax) P.C.de Jong

Acer cappadocicum subsp. turkestanicum (Pax) A.E.Murray
Acer laetum var. regelii Pax
Acer lobelii Bunge nom. illeg.
Acer regelii Pax
Acer turkestanicum Pax[8]

Notas editar

  1. Nome vulgar galego en Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira, Groba Bouza, F. Universidade de Vigo, 2006 a través de Buscatermos - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15889716
  2. Flora Europaea: Acer platanoides distribution
  3. Den virtuella floran: Acer platanoides distribution
  4. Rushforth, K. (1999). Trees of Britain and Europe. Collins ISBN 0-00-220013-9.
  5. Mitchell, A. F. (1974). A Field Guide to the Trees of Britain and Northern Europe. Collins ISBN 0-00-212035-6
  6. Mitchell, A. F. (1982). The Trees of Britain and Northern Europe. Collins ISBN 0-00-219037-0
  7. Norwegian Botanical Association: Acer platanoides photos
  8. Sinónimos en Wikipedia

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar