Granate é a denominación común das cores similares aos das variedades vermellas escuras con certos tons púrpuras. Baséanse na coloración das xemas homónimas, como o granate común e o de Bohemia, así como a alabandina e o piropo. Con todo, non se corresponde cunha cor específica.

Granate
Coordenadas de cor
Triplete hexadecimal800000
sRGBB  (rgb)(128, 0, 0)
CMYKH   (c, m, y, k)(0, 100, 100, 50)
HSV       (h, s, v)(0°, 100 %, 50 %)
OrixeSen fonte
B: Normalized to [0–255] (byte)
H: Normalized to [0–100] (hundred)

O termo provén do provenzal antigo granat, e á súa vez do latín medieval granatum, ‘vermello escuro’. O adxectivo puido cuñarse en alusión á cor das sementes da granada, ou talvez proveña do latín medieval granum, ‘semente’, en referencia á tinguidura vermella extraído da cochinilla europea Kermes vermilio.[1]

Usos editar

En astronomía editar

A estrela xigante vermella Mu Cephei, na constelación de Cepheus, foi descrita polo astrónomo e músico William Herschel como de «unha moi fermosa cor granate profundo», polo que se lle adoita chamar «a estrela granate de Herschel». Giuseppe Piazzi incorporouna ao seu catálogo estelar de 1814 co nome latino de garnet sidus, «estrela granate».[2]

 
Bandeira de Letonia

Como cor nacional editar

En Letonia o «vermello letón», moi similar ao granate, é considerado unha cor nacional e aparece na súa bandeira.[3]

 
Bandeira de Qatar

A bandeira de Qatar emprega, amais do branco, o granate.

Como cor institucional editar

  • É a cor da fachada da Basílica e Convento de San Francisco de Salta, Arxentina.
  • É a cor que utiliza a Universidade Nacional de Enxeñaría do Perú.
  • É, xunto co branco, a cor institucional do Instituto Politécnico Nacional de México.

En indumentaria de equipos deportivos editar

Galería editar

  • A cor baséase na xema homónima, moi variada, en que a coloración máis coñecida é o vermello escuro. Porén, algúns granates van do vermello alaranxado ao lume púrpura. Velaquí algúns exemplares:
  • Outros exemplos:

Notas editar

  1. "garnet". Online Etymology Dictionary. Consultado o 4 de xaneiro de 2023. 
  2. Allen, Richard Hinckley (1963). "Cepheus". Star Names. Their Lore and Meaning (en inglés). Nova York: Dover. p. 158. ISBN 978-0486210797. Consultado o 7 de maio de 2012. 
  3. "Latvia". FOTW Flags Of The World (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar