Giuseppe Piazzi, nado en Ponte in Valtellina o 7 de xullo de 1746 e finado en Nápoles o 22 de xullo de 1826, foi un astrónomo e sacerdote italiano. Fundou o observatorio astronómico de Palermo.

Modelo:BiografíaGiuseppe Piazzi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Gioacchino Giuseppe Maria Ubaldo Nicolò Piazzi Editar o valor en Wikidata
16 de xullo de 1746 Editar o valor en Wikidata
Ponte in Valtellina (República de Venecia) Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xullo de 1826 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Nápoles (Reino de Nápoles) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja de São Domingos (Palermo) (pt) Traducir 38°07′08″N 13°21′48″L / 38.119017, 13.363383 Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas e astronomía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónomo, sacerdote católico latino, discoverer of astronomical objects (en) Traducir, matemático, profesor universitario, descubridor de asteroides Editar o valor en Wikidata
Empregadorobservatório astronómico de Capodimonte (pt) Traducir (1817–1824)
Astronomical observatory of Palermo (en) Traducir (1790–1817)
Universidade de Estudos de Palermo (1781–1817)
Sant'Andrea della Valle (1779–1781)
Universidade de Malta (1770–1773) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJérôme Lalande (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de Cregos Regulares Teatinos Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Пиацци Джузеппе)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 272898968 Editar o valor en Wikidata
Giuseppe Piazzi

Traxectoria

editar

O 1 de xaneiro de 1801, descubriu un obxecto estelar que se desprazaba polo fondo de estrelas: o seu movemento era retrógrado primeiro e directo despois, de modo que pensou que era un novo planeta; na carta remitida ao seu amigo Barnaba Oriano, de Milán, así o indicaba aínda que cando escribiu a Joseph Lalande (en París) e a Johann Elert Bode (en Berlín) non quixo arriscarse: anuncioulles o descubrimento dun novo "cometa".

Piazzi bautizouno co nome de Ceres Ferdinandea, pola deusa grega e siciliana, e polo rei Fernando IV de Nápoles e Sicilia. Máis adiante, o Ferdinandea eliminouse por razóns políticas. Ceres resulou ser o primeiro asteroide que se observaba do cinto de asteroides e, ata agora, o de maior tamaño coñecido.

Poucas semanas despois perdeuse no resplandor solar de ocaso. Baseándose nas poucas observacións dispoñibles, Gauss creou unha ferramenta matemática nova, coa cal puido predicir a posición do asteroide. Meses máis tarde recuperábase novamente Ceres.

Aos poucos días William Herschel, co seu gran reflector utilizando elevados aumentos, determinaba o diámetro micrométrico do corpo e, baseándose na distancia (determinada polo cálculo orbital de Gauss), o tamaño real do mesmo: en torno a 260 km. Se era un planeta era demasiado pequeno. En marzo de 1803 un novo "planeta" (máis tarde asteroide, nome suxerido por Herschel) sumábase á lista ao descubrir Heinrich Olbers o diminuto Palas.

Piazzi adicouse durante moito tempo a elaborar un catálogo de estrelas, hoxe en desuso, que presentaba a posición exacta dalgúns miles delas. Este sería superado polo de Friedrich Bessel primeiro (uns 75 000 estrelas) e Friedrich Argelander despois (máis de 259 000).