Araña vermella

especie de ácaro
Tetranychus urticae
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Chelicerata
Clase: Arachnida
Subclase: Acari
Superorde: Acariformes
Orde: Prostigmata
Suborde: Eleutherengona
Infraorde: Raphignathae
Superfamilia: Tetranychoidea
Familia: Tetranychidae
Xénero: Tetranychus
Especie: T. urticae
Nome binomial
'Tetranychus urticae'
C.L. Koch, 1836

O ácaro-araña vermello[1] ou simplemente araña vermella[2] (Tetranychus urticae) é unha das moitas especies de tetraníquidos ou ácaros vermellos que se alimenten de plantas que se atopan en ambientes secos de todo o mundo e que xeralmente se consideran unha praga moi importante da agricultura e a xardinaxe. O seu xenoma foi completamente secuenciado no ano 2011,[3] sendo o primeiro xenoma secuenciado entre os arácnidos.

Distribución

editar

Tetranychus urticae orixinariamente era nativa de Eurasia, mais adquiriu unha distribución cosmopolita.[4]

Atópase distribuído por toda a Península Ibérica, en lugares cálidos de climas lenes (especialmente na zona mediterránea e o sur peninsular, sendo raro en Galicia).

Descrición

editar
 
Colonia de arañas vermellas.

Tetranychus urticae é extremadamente pequena, dificilmente visíbel a simple vista, só se ollan máculas averdadas ou avermelladas nas follas e talos; as femias adultas miden uns 0,4 mm de longo.[5] A araña vermella, que se pode ver en invernadoiros e zonas tropicais e temperadas, segrega unha fina arañeira por riba e por baixo das follas.[5]

Síntomas da infestación

editar
 
Infestación sobre Capsicum annuum

Estes animais chuchan o líquido do interior das células e deixan na superficie unhas sedas que dan un aspecto algodonoso. Provocan nos talos das plantiñas tachas de cor parda ou amarela. En casos de grandes poboacións poden provocar un retardo no crecemento nos primeiros estados vexetativos desta e, nos casos máis serios, o desecamento completo da planta.

Ecoloxía

editar

É extremadamente polífaga. Pódese alimentar de centenares de especies de plantas incluíndo a maioría das hortalizas como as pementeiras, tomateiras, pataqueiras, feixóns, millo, amorodeiras e tamén plantas ornamentais coma as roseiras.[5] Prexudica as plantas ao chuchar o zume e o contido das células foliares. Deixa pequenas máculas pálidas ou cicatrices cando se destruíu a epiderme das células.[5] Malia seren estas lesión moi miúdas, o ataque de centenares destes ácaros fai que se reduza a actividade fotosíntesintética das plantas.[5]

Uns dos moitos depredadores naturais da araña vermella son o Phytoseiulus persimilis e a Chrysoperla carnea, os cales usan os métodos de control biolóxico na agricultura ecolóxica ou de produción integrada.[5][6]

Ciclo vital

editar

O ciclo de actividade dos ovos até seren adultos é moi rápido, entre 8 e 14 días con temperaturas entre 23 e 30 °C dando xeracións durante todo o ano. A humidade relativa ha ser mediana, nin moi alta nin moi baixa, xa que pode provocar a morte das larvas e retardar o seu desenvolvemento.

Pódense espallar por toda unha leira coa axuda do vento.

O ovo de T. urticae é translúcido e semellante a unha pequena perla.[4] Eclosiona e sae unha ninfa que se volve protoninfa e despois se converte nunha deutoninfa, a cal amosa estadios de quiescencia. O adulto é tipicamente de cor verde pálida gran parte do ano, mais as xeracións serodias son de cor arroibada, as femias apareadas pasan o inverno en estadio de diapausa.[4]

Control e prevención

editar
  1. Vixiar temporalmente os estados de crecemento das plantas máis novas.
  2. É recomendábel eliminar as más herbas e culturas anteriores e aplicar doses de fertilizantes equilibradas
  3. A aplicación de praguicides, neste caso, acaricidas, farase cando se detecten os primeiros estados de desenvolvemento da praga dirixíndoos ás fontes de infestación.

O ácaro vermello presenta unha gran resistencia aos acaricidas, por este motivo é especialmente importante facer un uso alternante destes.

A utilitzación de insecticidas coma os piretroides poden provocar un aumento da poboación destes ácaros.

  1. Nome non oficial pero recomendado por Buscatermos da USC baseándose en que sería máis precisa desde o punto de vista taxonómico, e coherente coas denominacións propostas en 'Dicionario das ciencias da natureza e da saúde' ("ácaros fiadores") para especies como Tetranychus urticae e Metatetranychus ulmi.
  2. Nome común en galego n'Os cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; e Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  3. Grbic et al. (2011). The genome of Tetranychus urticae reveals herbivorous pest adaptations. Nature 479, 487-492.
  4. 4,0 4,1 4,2 D. A. Raworth, D. R. Gillespie, M. Roy & H. M. A. Thistlewood (2002). "Tetranychus urticae Koch, twospotted spider mite (Acari: Tetranychidae)". En Peter G. Mason & John Theodore Huber. Biological Control Programmes in Canada, 1981–2000. CAB International. pp. 259–265. ISBN 9780851995274. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Thomas R. Fasulo & H. A. Denmark (December 2009). "Twospotted spider mite". Featured Creatures. Universidade de Florida / Institute of Food and Agricultural Sciences. Consultado o May 20, 2011. 
  6. «Control integrat de plagues i malalties» Arquivado 26 de maio de 2015 en Wayback Machine., Norma Tècnica de Producció Integrada d'Hortícoles, Annexes específics dels cultius d’hortalisses, Goberno das Illas Baleares, 14 de xuño 2012

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar